domingo, 4 de decembro de 2016

"A dona que eu am'e e tenho por senhor"






Bernal de Bonaval

A dona que eu am'e tenho por senhor
 amostrade-mi-a, Deus, se vos en prazer for,
       senom dade-mi a morte.
  
A que tenh'eu por lume destes olhos meus
e por que choram sempr', amostrade-mi-a, Deus,
       senom dade-mi a morte.
  
Essa que vós fezestes melhor parecer
de quantas sei, ai, Deus!, fazede-mi-a veer,
       senom dade-mi a morte.
  
Ai Deus! que mi a fezestes mais ca mim amar,
mostrade-mi-a, u possa com ela falar,
       senom dade-mi a morte.

CANTIGA DE AMOR

luns, 28 de novembro de 2016

A superprodución "Arrival" fala do Reino de Galiza


A película americana "Arrival", estes días nas nosas carteleiras de cine,  cun orzamento de 47 millóns de dólares, preséntase como unha das grandes superproducións deste 2016 con posibilidades para gañar algún Óscar de  Hollywood. 

Nela, a protagonista do filme, Amy Adams, unha profesora universitaria de lingüística, refírese ao Reino da Galiza como a orixe da lingua portuguesa na Idade Media, Adams refirese a nós, xusto no momento inicial da película.

En concreto, Louis Banks (así se chama a profesora protagonista do filme) explica ós alumnos: "Hoxe imos falar do portugués e por que soa tan diferente das demais linguas romances. A historia do portugués tivo o seu inicio no Reino de Galiza, na Idade Media. Daquela a lingua considerábase unha expresión artística".

mércores, 16 de novembro de 2016

CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS DO GALEGO ANTIGO


Velaquí as principais características fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas e ortográficas do Galego Antigo.

FONOLOXÍA
 — Presenza de vogais nasais, orixinadas pola perda dun -n- intervocálico: mão, bõo... 
— Abundancia de hiatos pola caída de consoantes intervocálicas: veer...
 — Sistema de sibilantes xordas e sonoras moi complexo: 
• Grafías s- e -ss- que representaban un son igual ao noso s: saber, nosso... 
• Grafía -s-, que representaba un s sonoro: casa... 
• Grafía ç, que soaba ts: maçãa (mazá)... 
• Grafía z, que se pronunciaba dz: dizer (dicir)... 
• Grafía x, pronunciada igual que o noso x: leixar (deixar)... 
• Grafías j, g, pronunciadas como un x sonoro: trager (traer)... 

MORFOLOXÍA
— Ausencia de morfemas femininos para os substantivos rematados en -or: a senhor (a señora)... 
— Pronome te para CD e CI: dar-te (darche)...
— Pronomes mesoclíticos: dar-te-ía (daríache)... 
— Desinencias verbais diverxentes das do galego actual: fez (fixo), disse (dixo)... 
Tempos compostos con aver: avian mentado (mencionaran)... 
Participio en -udo para algúns verbos da 2.ª conxugación: perdudo (perdido)... 

SINTAXE
— Uso do posesivo sen artigo: de seus milagres (dos seus milagres)... 
Anteposición do pronome átono: ele lho deu (el deullo)... 

LÉXICO
— Presenza de préstamos do francés: dama, sage (sabio)... 
— Presenza de préstamos do provenzal: assaz (bastante), trobador, prez (aparencia)... 
— Palabras hoxe desaparecidas: filhar (aceptar), eire (onte), cras (mañá)... 

ORTOGRAFÍA
— Moitas vacilacións gráficas: hauya, hauia (había)... 
— Só signos de interrogación e admiración finais (?, !): Que me queres, amor?
 — Uso do guión para separar verbos e pronomes átonos: dizede-me (dicídeme)

luns, 3 de outubro de 2016

Twitter dá alas ó galego

A versión galega de Twitter foi unha iniciativa persoal que só contou cos apoios individuais doutras persoas até estar onde está. Nesta ligazón atoparás algunhas explicacións de como se teñen que facer as cousas en Galicia fronte a outras comunidades españolas.



Neste microducumental relátase este exemplo de activismo persoal na figura do promotor de TWITTER EN GALEGO, que nos conta como conseguiu sacar adiante a súa iniciativa, que serve para dar visibilidade á nosa lingua en Internet.

Microdocumental sobre a Iniciativa Twitter en galego
Posted by Twitter en galego on Domingo, 2 de Novembro de 2014

Parágrafos

xoves, 30 de xuño de 2016

"In the crosswind"

IN THE CROSSWIND TIFF trailer (ENG) from Martti Helde on Vimeo.

Onte puiden ver esta película estonia prohibida en Rusia no recén estreado  Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, NOVOS CINEMAS, que trata o holocausto estonio e emprega unha técnica narrativa moi curiosa, onde os personaxes fican estáticos e hieráticos a maior parte do filme, mentres que é a cámara a que se vai movendo entre eles nuns longos planos secuencias, acompañada dunha voz en off que nos narra a historia a través das cartas que a protagonista lle escribe ó seu home, unha vez que son obrigados a introducirse en distintos vagóns polos militares soviéticos e ela é enviada a un campo de concentración a Siberia.

martes, 24 de maio de 2016

"A amante nunca ten dentes postizos"


"A amante nunca ten dentes postizos", María Xosé Queizán from Anxela Lema on Vimeo.

Metáfora da metáfora A amante nunca ten dentes postizos
 graus no nariz
 pelos nas coxas 
gorduras nos cadrís. 
Á amante nunca lle inchan os ollos ao dormir.
 O poeta ama a perfección
 non te ama a ti.
 Es idealización 
mito metáfora da metáfora.
 De non seres perfecta,
 ¿como te amarían? 

                                           "Metáfora da metáfora" (1991) María Xosé Queizán

Seguindo a estela da celebración do III Día das Galegas nas Letras recollemos esta videocreación sobre o poema da homenaxeada MARÍA XOSÉ QUEIZÁN

domingo, 24 de abril de 2016

Valentín Lamas Carvajal

Considerado o primeiro xornal en galego, primeiro quincenal e logo semanal. 1876-1889
O catecismo do labrego foi o primeiro éxito de vendas da literatura galega.
Publicado en 1889 tivo até 13 edicións.
En poesía publicou:  Espiñas, follas e frores (1875) e Saudades gallegas (1880)

luns, 18 de abril de 2016

"Do mar pola orela mireina pasar"

Poema que Curros Enríquez dedicou a Rosalía de Castro co motivo do seu pasamento interpretado por 2NAFRONTEIRA.




Comentario do poema nesta ligazón.