domingo, 24 de abril de 2016

Valentín Lamas Carvajal

Considerado o primeiro xornal en galego, primeiro quincenal e logo semanal. 1876-1889
O catecismo do labrego foi o primeiro éxito de vendas da literatura galega.
Publicado en 1889 tivo até 13 edicións.
En poesía publicou:  Espiñas, follas e frores (1875) e Saudades gallegas (1880)

luns, 18 de abril de 2016

"Do mar pola orela mireina pasar"

Poema que Curros Enríquez dedicou a Rosalía de Castro co motivo do seu pasamento interpretado por 2NAFRONTEIRA.




Comentario do poema nesta ligazón.

sábado, 9 de abril de 2016

Documental "Lobos sucios"



Este documental foi a inspiración para a realización da película "Lobos sucios" que se estrea esta fin de semana.



mércores, 6 de abril de 2016

Danza de Meirol


Se o candil non alumea
non se colga na parede
e o amor que non é firme
non se fai mais caso del-e.

Agora que vou marchando
as pedriñas chorarán
chorade pedras á noite
que marcho pola mañán.

Cantarei aquí ao teu lado
cantarei e darei son
xa se van aloviando
as penas do corazón.

Se o candil non alumea
non se colga na parede
e o amor que non é firme
non se fai mais caso del-e.

Vou a dar a despedida
que me parece que é ben
o pouco cantar enfada
e o moito parece ben.



Esta letra tradicional é unha das cancións do traballo KOSMOGONÍAS de BERROGÜETO interpretada por Xabier Díaz