mércores, 13 de decembro de 2017

Do Pergamiño Vindel ó dixital



Xa está en marcha a nova convocatoria para o CONCURSO DE ADHESIVOS da Coordinadora de EDLG do Salnés.

Este ano o tema é "DO PERGAMIÑO Ó DIXITAL"

Con este tema preténdese reivindicar o  noso patrimonio literario medieval e a súa vixencia na era dixital. O pergamiño era o soporte técnico da Idade Media, hoxe trasladaremos as sete cantigas de Martín Codax ós soportes contemporáneos (tabletas, móbiles, plataformas para escoitar música, plataformas para ver vídeos, etc.)

Resultado de imagen de imaxes pergamiño vindel
Os traballos terán que ser orixinais e inéditos e poden presentarse en calquera formato sobre papel ou cartolina, así mesmo poden empregarse cores e a técnica será libre. Por detrás deberás poñer o teu nome, apelidos, curso e centro escolar.

Para inspirarnos temos tamén o Romance do Pergamiño ilustrado por Luis Davila a modo de cantar de cego.



Foto de Área De Normalización Lingüística.

Foto de Área De Normalización Lingüística.


luns, 4 de decembro de 2017

martes, 21 de novembro de 2017

"Chove en Santiago"


Luar na lubre interpreta "Chove en Santiago", un dos Seis poemas galegos de Federico García Lorca.

Poemas musicados de Álvaro Cunqueiro.


Canción de Luis Emilio Batallán baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro que leva por título "No niño novo do vento", regravada para a película Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar.

Ligazón para escoitar a versión musicada de "Nos ollos teus", outro poema neotrobadoresco de Álvaro Cunqueiro musicado neste caso por Miguel Alonso

luns, 25 de setembro de 2017

Novo curso, novas sementes

Jungho Lee
 Un recurso fundamental para o alumnado de 2º de bacharelato é a páxina creada polos catedráticos xubilados de galego: Anxo González Guerra e Victoria Ogando Valcárcel.


O GALEGO.EU

Realizamos o primeiro exercicio PAU-XUÑO 2013 OPCIÓN B



luns, 5 de xuño de 2017

sábado, 3 de xuño de 2017

domingo, 28 de maio de 2017

Versións musicadas dos poemas rosalianos

"Tecín soia a miña tea" de Roi Casal no disco "Lendas douradas"

"Negra sombra" de Najla Shami 


"A xustiza pola man" de Poetarras.



"A xustiza pola man" na versión de Nao

Himno do Festival de Cans

DAVIDE SALVADO reinterpreta a literatura popular






Davide Salvado interpreta algúns dos seus temas incluídos no seu último disco LOBOS para o programa ALALÁ da TVG. 

De formación autodidacta DAVIDE leva media vida percorrendo as aldeas na busca de ritmos, coplas e danzas. LOBOS está composto de 10 temas cheos de amor pola tradición, por Galicia, pola súa lingua e as súas xentes. Os lobos inspiran este disco como parte da Galicia máis pura e salvaxe. Está feito dende o corazón, é un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que lle ensinaron a  a ser o que é. E dende esa enerxía local a súa música transfórmase nun son global.

Rosalía de Castro

Xurxo Lobato





Panteón dos Galegos Ilustres.

Novas formas de celebrar as Letras

As de Viveiro sempre na vangarda, ideando novas formas de celebrar as Letras Galegas. O que era unha actividade do grupo de Jumping tivo repercusión en todos os medios de comunicación con nomes do máis variado como "muñeirafitness" ou muiñejumping". Deixo aquí as palabras literais da responsale do ximnasio Lorena Díaz e darlle os parabéns da nosa parte.

 "Nunca imaxinei que fose tan visitado e compartido un simple video coma tantos outros que publico ao longo do ano co fin de amosarvos un pouquiño do que facemos día a día na sala. Quero agradecer á miña xente a súa involucración en cada proposta que fago e tamén o cariño recibido por parte de todas aquelas persoas que no día de ontes comentaban e compartían unha e outra vez o video. O 99,9% dos comentarios ao respecto foron bos, aínda que coma en todos os ámbitos a ignorancia sempre ten cabida e como din é moi atrevida... 😂😂 Esas "labregas" son xente de a pé que veñen a desconectar da súa rutina diaria todos os días con nós, non son profesionais da danza nin moito menos, (para iso xa temos a actividade de Baile Tradicional Galego), elas pertencen ao grupo de Jumping e con esta disciplina veñen a exercitarse, a divertirse e a deixar a mente libre de preocupacións e problemas aínda que só sexa por unha hora ao día... BRAVO POR ELAS E POR TODO O EQUIPO E XENTE QUE DA VIDA A SALA 5!"

mércores, 10 de maio de 2017

"Amodiño" de DE VACAS

Versión galegofeminista do "Despacito"

Manuel Manquiña, presentador na TVG.

Foto de O gato con botas.
Nesta ligazón  d' O gato con botas , programa da TVG onde MANUEL MANQUIÑA exerce de presentador, podes atopar, entre outros, anacos da entrevista ó xornalista sanxenxino MANUEL JABOIS.

Foto de O gato con botas.

Foto de O gato con botas.Neste programa Manuel Manquiña entrevistou a moitos persoeiros galegos: Miguelanxo Prado, Fina Casalderrey, José Ángel Docobo, Luís Moya, José Antonio Vázquez Taín, Rafael López, Antón Llamazares, Manuel Jabois, Juan José García Cota, José Luís Rodríguez Carballo, Cristina Pato, Carmen Avendaño, Augusto César Lendoiro,  Jorge Mira, Quintana Matelo, Rosa Cedrón, Paco Vázquez, César Portela, Ángel Carracedo, José María Caneda,  Pepe Solla e algún máis. 


Foto de O gato con botas.
Nesta ampla nómina de galegos atopamos: pintores, astrónomos, políticos, copilotos de rally, médicos,   xornalistas, arcebispos, investigadores, xuíces,  gaiteiras, cociñeiros, escritoras, activistas, autores de banda deseñada, é dicir, un abano do máis interesante para poderlle formular preguntas sobre estas entrevistas.



"Prefiro bailar twits" de Manuel Manquiña


O Xabarín Club 

 "A cantar co Xabarín"

martes, 9 de maio de 2017

"Atréveste a vivir a experiencia?"

Esta curtametraxe baséase nun capítulo da recoñecida "Black Mirror" na que se amosan situacións que os galegofalantes viven día a día por moi surrealistas que semellen.

A Mesa pola Normalización Lingüística inseriuna dentro da súa campaña para impulsar  a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para garantir os nosos dereitos lingüísticos no ámbito socieconómico. 


Máis información sobre a campaña Sentido Común.

martes, 2 de maio de 2017

Preparación dun monólogo

Accede a infografía


Lembrade os requisitos para os monólogos:
  • Lingua: galego
  • Participación: parellas ou grupos de catro
  • Duración: máxima 5 minutos / mínima 3 minutos (parella) e 5 minutos (grupo)
  • Non poden conter ningún tipo de contido ofensivo ou discriminatorio



Miguel Sánches "Como facer un monólogo"

Obras literarias que podemos empregar para construír os nosos monólogos:


  • "Cousas" de Castelao
  • "Made in Galiza" de Séchu Sende
  • "Instrucións para tomar café" de Manuel Núñez Singala
  • "Longa lingua" de varios autores
Outros monólogos: 

 Monólogos infantís






martes, 21 de febreiro de 2017

Día Internacional da Lingua Materna

"Comparte a lingua dos teus pais, avós cos máis cativos e cativas da casa". Este é o lema da Inciativa Twiter en galego para o Día Internacional da Lingua Materna.

Foto de Twitter en galego.

xoves, 16 de febreiro de 2017

"Alcolitos"



"Alcolitos" a nova parodia de Páramo Pictures.

Os apelidos galegos castelanizados



Hoxe atopámonos con esta nova nos nosos xornais:

"A Real Academia Galega (RAG) editou un libro, Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalizaciónpara a normalización lingüística dos apelidos que ao longo do tempo foron derivando en formas distintas ao orixinal, e que recolle un total de 1.500 nomes que conforman cerca do 90 % dos apelidos da poboación na Comunidade autónoma."
                                             Diario de Pontevedra.

luns, 13 de febreiro de 2017

Coloca ben os pronomes!


Aproveitamos esta famosa escena de banda deseña para facer campaña contra a mala colocación do pronome átono en galego. 
Coida da lingua! 
Falar correctamente é un deber de tod@s para poder entendernos mellor.
Únete! Non precisamos darnos labazadas.