domingo, 25 de novembro de 2018

Materias para traballar o 25N nas clases.


Vídeos e poemas para traballar na aula a violencia de xénero, desde os micromachismos até o chanzo máis alto da escaleira.  Outras ligazóns con máis materias e as propostas didácticas do STEG: 

"O neno suicida", o Benjamin Button de Rafael Dieste

Resultado de imagen de O Curioso caso de benjamin button e diesteResultado de imagen de o neno suicida

Resultado de imagen de o neno suicidaRafael Dieste recrea no seu relato "O neno suicida" a mesma historia escrita polo escritor estadounidense Soctt Fitzgeral en "The curious case of Benjamin Button". Unha narración onde a vida do protagonista comeza de ancián e remata de neno. Estas coincidencias poderían deberse a que beben doutros relatos xa existentes, aínda que é ben certo que a de Fitzgeral foi publicada catro anos antes cá do rianxeiro, tamén outros escritores como Aleixo Carpentier escribiron historias que ían contra o sentido das agullas do reloxo.

domingo, 18 de novembro de 2018

"Atila en Galicia"



Primeira estrea en Galicia d' "Os vellos non deben de namorarse"


Este é o cartel da estrea en Galicia d' Os vellos non deben de narmorarse de Castelao, que xa fora estreada en Bos Aires o 14  de agosto de 1941. 


"A derradeira lección do mestre"

O noso patrimonio cultural  vén a visitarnos.
derradeira-leccion-mestre 2

Somos un pobo que recibe o seu propio patrimonio de visita. Xa sexa o Pergamiño Vindel, co que contamos este ano no Museo do Mar de Vigo ata o mes de marzo, xa sexa un dos cadros emblemáticos de Castelao, que viaxará neste caso por primeira vez a Galicia. Trátase dun oleo que se atopa na actualidade no Centro Galicia de Bos Aires e que formará parte dunha mostra sobre Castelao, que terá lugar no Museo Centro Gaiás no último trimestre deste ano e no primeiro do vindeiro ano.

Castelo pintou este cadro no ano 1945 na Arxentina, onde se exiliara despois da Guerra Civil. Esta obra recrea nun  óleo de grandes dimensións unha estampa A derradeira lección de mestre, que debuxou para os dous primeiros álbums de guerra, Atila en Galicia e Galicia mártir en Valencia no ano 1937 antes do seu exilio definitivo.

O motivo do cadro é clásico, o lamento ante o corpo de Cristo, tranfórmase aquí na mágoa dos alumnos perante o cadáver do  do mestre asasinado e convertido en mártir polo bando fascita. Lembremos o especial asañamento que sufriron os mestres neste momento histórico por se portadores das ideas progresistas. Non hai máis que lembrar as escenas finais d' O lapis do carpinteiro película.

Detalle de 'A derradeira lección do mestre', de Castelao.

Máis información sobre este tema tédela neste artigo de A. Vázquez-Monxardín.

"O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra"

Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención


Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega.

"Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega." 
Para continuar a ler tes aquí a ligazón á páxina da RAG con esta información.


martes, 6 de novembro de 2018

"Os tempos están a cambiar" de Bob Dylan

Mural de Bob Dylan en Minnesota hecho por el artista brasileño Eduardo Kobra.

Esta canción aparece citada nun capítulo da novela, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz, quen lle ía dicir ó noso escritor que co paso dos anos este cantautor sería o primeiro premiado co Nóbel de Literatura no ano 2016.

luns, 5 de novembro de 2018

luns, 29 de outubro de 2018

"Ti non es de aquí"




"Frankenweenie" e "Vicent"



A lectura do texto Frankenstein lévanos a tratar as súas múltiples influencias no discurso cinematográfico, neste caso trátase da película de Tim Burton: Frankenweenie, que  recrea unha versión xa feita por este director nunha curtametraxe anterior: Vicent.


Vincent en galego from AA on Vimeo.

luns, 8 de outubro de 2018

"Elisa e Marcela" no teatro e no cine.

 
A compañía  teatral A PANADARÍA estreou "Elisa e Marcela" o 14 de outubro de 2017, inspirada na historia real de dúas mestras que casaron o 8 de xuño de 1901.

Este xoves 18 de outrubro estará en Ponteteatro 2018 esta representación teatral.


 


A cineasta Isabel Coixet rodou unha película inspirada nesta mesma historia real co  título: "Elisa y Marcela", que se estreará no 2019.

mércores, 3 de outubro de 2018

mércores, 26 de setembro de 2018

"Os marcos", un guión de "Era visto"



"Os marcos" é un capítulo de Era visto co tema do noso patrimonio como fondo. O seu guión dá para traballar na aula e tratar temáticas moi coñecidas no noso entorno cotián.

“OS MARCOS”

1. CASA. SALÓN. DÍA

MONCHO, ELVIRA

Moncho e Elvira están falando.

MONCHO: Estiven pensando e vou construír un fin de semana na Recollida.

ELVIRA: Pero que dis? Nesa finca non che deixan construír.

A MONCHO: Teño unha finca. A Recollida, xa a coñecedes (Plano da finca) Quero construír o que tradicionalmente se coñece como un fin de semana. Que é o fin de semana? Unha das cousas que máis nos identifica como galegos.

MONCHO: REFACER Planto alí un caseto para poder pasar o fin de semana e un sitio para facer churrasco e, como quen non quere a cousa. Pouca cousa. Quen me vai impedir facer iso?

ELVIRA: Non che deixan porque non tes permiso. A Recollida non é unha finca edificable.

MONCHO: Por cinco metros de nada.

ELVIRA: Polo que sexa, non tes permiso.

B MONCHO: PESCAR OS MESES QUE ELSES DIGAN, QUE TES QUE CAZAR AS ESPECIES QUE ELES DIGAN E ATA PARA CONSTRUIR. É que van contra todo, que se non podes ser pescador furtivo, que se tes que pagar impostos, que se non podes beber se conduces. Agora isto tamén. A onde imos chegar?

2. BAR. INT. DÍA

MONCHO, LINO, PUSKAS

PUSKAS: Pois agora é o momento de intentar solucionalo, que andan renovando o catastro.

LINO: Puskas ten razón. É o momento, agora ou nunca. De quen é a finca do lado?

MONCHO: De Don Anselmo. Ten unha morea de metros. Pero non lle deixan construír por non sei que hostias de patrimonio.

LINO: Podías falar con el para que che venda eses cinco metros.

PUSKAS: Lino, ti es sueco, ou suizo, ou algo así, non? Nestes casos hai que facer o tradicional, o que sempre se fixo: mover o marco e coller os cinco metros que precisas e morra o conto.

MONCHO: Non sei, teño as miñas dubidas.

PUSKAS: Moncho, por favor. Sempre se fixo así. Un pobo que non segue as súas tradicións está condeado a desaparecer.

LINO: Puskas ten razón. Xa non é por ti. É por todos nós que tes que seguir co costume de mover os marcos. Para que non se perda ese costume de xeración en xeración.

MONCHO: Tedes razón. Agora mesmo vou mover o marco. Só son cinco metros. Don Anselmo non se decata nin de coña. (Marcha)

PUSKAS: Que orgulloso me sinto del.

LINO: Si, señor. Ver que a xente faga por manter vivas as tradicións faime sentir ben.

C MONCHO: Xa está, xa movín o marco. E xa de paso, como quen non quere a cousa, metín do meu lado unha pereira. Vai dar unhas peras bárbaras. En vez de cinco, collín oito metros. Pero cunha finca tan grande Don Anselmo nunca se vai decatar.

3. CASA. SALÓN. DÍA

MONCHO, ELVIRA

Falan sentados no sofá.

ELVIRA: E xa postos a mover o marco, puideches coller algo máis. Non só a pereira. Puideches coller algunha arbore máis.

MONCHO: Penseino, pero non quixen abusar.

ELVIRA: E así podiamos facer o fin de semana un pouco máis grande.

MONCHO: Non sei, co que temos xa nos chega. Non hai que ser avariciosos.

ELVIRA: Veña, home. As cousas levan facéndose así desde sempre en Lameiro. Róuballes un pouco de finca ao veciño e listo. Xa non sabe ninguén o que de verdade era del, ou foi collendo.

MONCHO: Para que queremos máis?

ELVIRA: Mira que iamos ter un sitio moito máis grande para facer as churrascadas.

D MONCHO: A miña Elvira sabe como gañarme, co estómago. Pois ala, ala vou a mover un pouco mais ese marco. 

4.BAR. DÍA

MONCHO, LINO, PUSKAS
Moncho fala con Puskas e Lino.

MONCHO: Agora non só teño eses cinco metros que necesitaba. Tamén teño unhas cantas árbores e un sitio grande de todo para facer unhas churrascadas de medo.

PUSKAS: Ben feito. As cousas ou se fan ben, ou non se fan.

LINO: E vaste quedar aí?

MONCHO: Si. Creo que é mais que suficiente. Xa non preciso máis nada.

LINO: Ese é o exemplo do espírito galego. Que non pensa no mañá. Falta de emprendemento, iso o que nos mata.

PUSKAS: Aí está. Lino ten toda a razón. Moncho estaste comportando como un tipo moi egoista.

MONCHO: O que?

PUSKAS: Non estás pensando no teu fillo, nin nos fillos do teu fillo, nin nos fillos, dos fillos do teu fillo.

MONCHO: Non vos sigo.

LINO: Moncho, por favor. Pensa un pouco nas vindeiras xeracións. Se ambicioso, home. Así nos vai aos galegos.

E MONCHO: Cando Lino e Puskas se poñen tan filosóficos dan medo.

PUSKAS: Iso é. Colle uns metros máis. Non para ti, para a túa descendencia. Porque quedarte nun fin de semana, se podes facer un chalet como deus manda?

LINO: E un bo garaxe.

PUSKAS: Si, un bo garaxe é fundamental.

MONCHO: Pero se só temos o meu coche e o quad de Kevin.

LINO: Iso, ti non penses no día de mañá. É o día de mañá. E se queres ter un sitio para meter o chimpín como un bo galego?

MONCHO: Non teño chimpín.

PUSKAS: Que hoxe non teñas chimpín, non significa que non o vaias ter nunca.

LINO: Moncho, por favor, como amigo cho digo. Vai coller uns metros máis e faite unha casa como deus manda.

PUSKAS: Por Galicia, Moncho, por Galicia.

MINIFUNDIO. BOTÍN, DUQUESA DE ALBA MOVERON O SEU IMPERIO MOVENDO MAROS

F. MONCHO: Convencéronme. Ala fun. Non ía quedarme cun fin de semana, podendo ter un chalet como deus manda. Xa ían uns centos de metros máis. Pero Don Abselmo non se ía decatar. El ten moitas terras.

5. CASA. SALÓN. DÍA

MONCHO, ELVIRA, KEVIN
Elvira e Kevin semellan desgustados con Moncho.

ELVIRA: Que tan egoísta es, Moncho.

KEVIN: Mamá ten toda a razón. Non pensas nos demais.

MONCHO: Non tiñamos nada, e agora podemos construír un chalet, temos árbores e un sitio para facer churrascadas. Que máis queredes?

ELVIRA: Un sitio para poñer unhas rosas, que fan moi bonito.

KEVIN: E unha piscina.

MONCHO: De verdade precisamos todo iso?

ELVIRA: Claro que si. E xa postos, non estaría mal unha pista de tenis pequena.

MONCHO: Pero se nesta casa nunca xogamos ao tenis, nin fomos á piscina, nin a nada que se lle pareza?

ELVIRA: E se o día de mañá queremos?

KEVIN: Ou as xeracións vindeiras.

G MONCHO: Outros máis con ese conto.

ELVIRA: E podíamos facer outra cociña fora, para non manchar na casa. E unha casiña para invitados.

KEVIN: E unha corte para cabalos.

MONCHO: Pois non se fale máis. Alá vou a mover un pouco máis o marco.

H MONCHo: Movín o marco unha vez máis. Xa collín como para facer un campo de fútbol. Para min que isto xa é avaricia, pero todo sexa por manter as tradicións e por Galicia.

PASO DE DÍA.

6.BAR. DÍA

MONCHO, LINO, PUSKAS

Moncho fala con Lino e Puskas.

MONCHO: Estades seguros de que non me pasei?

LINO: Para nada, Moncho.

MONCHO: E o que ía ser un fin de semana, agora vaise convertir nun chalet dos grandes con garaxe para chimpín, piscina, cociña fóra, casa para invitados, pista de tenis e corte para cabalos.

PUSKAS: Os teus descendentes vancho agradecer de corazón.

MONCHO: Xa postos a coller, collín tamén unha pedra, tipo antiga, que había tapada por unhas silvas. Vai ser bárbaro para facer unhas merendas.

LINO: Moi ben, Moncho, xa vas collendo o concepto, si señor.

PUSKAS: Mañá veñen a Lameiro os do catastro medir e xa vas ter terreo de sobra para facer o que queiras. Ben feito, Moncho, estou moi orgulloso de ti.

I MONCHO: Pasaron os do catastro e agora teño mil metros e parcela coa pedra antiga e todo. Moito se fixaron na pedra, mira que son raros. A ver agora como se pon Don Anselmo cando se entere.



7.NAVE. DÍA

MONCHO, ANSELMO
Anselmo fala con Moncho.

MESA DE PEDRA TIPO ANTIGA, CATRO PES TIPO LOUSA, RUSTICA, PRECIOSA...

ANSELMO: Moncho, non sabes o feliz que estou.

MONCHO: E logo?

ANSELMO: Os de catastro estiveron medindo por Lameiro.

MONCHO: (Disimulando) Non me diga?

ANSELMO: Tiña unha finca morta de risa, non valía para nada, por culpa dunhas pedras, O FAMOSO DOLMEN DE LAMEIRO QUE NON LLE IMPORTA A NINGUÉN, dun monumento megalítico que tiña no medio. Un atraso, pero non me deixaban construír por culpa desa merda.

MONCHO: E agora pode?

ANSELMO: Si, porque un pailán, un pobre home, un burro de medo meteu as pedras nas súas terras. Agora xa non é problema meu.

MONCHO: Unhas pedras, como son?

ANSELMO: Tipo antigo, estaban tapadas por unha silva. Pero dá igual, agora o problema xa non é meu.

MONCHO: Me cago en tal!

ANSELMO: Que pasa, Moncho.

MONCHO: Nada, nada. Cousas miñas.

ANSELMO: Eu a construír un chalet de medo, coa súa piscina, a súa pista de tenis e ese pobre home a ollar as pedras. Vai comer monumentos megaliticos e eu co meu chalel. Viva o catastro!

MONCHO: (Sen ningunha emoción) Viva.

K MONCHO: Mira ti que ben, Iso pásame por facerlle caso a todos eles. Quedo sen chalet, sen fin de semana, sen nada. Home, teño unhas pedras tipo antigas. Todo por seguir as tradicións e facer as cousas como se fixeron sempre. Que desgraza a miña. PEDRAS TIPO ANTIGA, NIN SIQUERA ME DEIXAN UTILIZAR AS PEDRAS DE MESA, QUE NON SE PODEN UTILIZAR, ATRASO DE PAÍS.

"En galego, agora e sempre"

mércores, 5 de setembro de 2018

xoves, 19 de xullo de 2018

Ler entre areas.

Castelo na praia de  Areas 

A crueldade de abril de Diego Ameixeiras, Bonus Track de Rosalía Fernández Rial, O exército do fume de Manuel Gago andan a me acompañar polas praias este verán, pero aínda espero que outros moitos me fagan desfrutar deste estío. Por iso sempre é bo botar unha ollada ás listaxes que recomendan novos acompañantes na praia.




martes, 5 de xuño de 2018

Para o meu alumnado, XERACIÓN 00, do IES de Vilalonga

XINCANA DE TÍTULOS LITERARIOS ( PEQUENO DISCURSO TRAMPULLEIRO cun mínimo de duascentas palabras escrito para o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga)

A promoción 00, auténtica ciencia ficción, está a piques de despegar do IES de Vilalonga,

Ides comezar os vosos



Para rematar,  vou roubar uns versos que a poeta, Xela Arias, escribiu nun poemario que lle dedicou ó seu fillo cando  naceu para dedicárvolos adaptados:

Tódolos alumnos sodes vós e ningún coma vós.
Tódolas mozas sodes vosoutras e ningunha coma vosoutras.
Tódolos mozos sodes vosoutros e ningún coma vosoutros.
Tódolos profes e profas somos nós e todos, coma min, sabemos que cada un de vós sodes absolutamente únic@s.
E, sobre todo moi necesari@s para construírdes ese futuro de tod@s nós, que, de corazón, eu desexo se materialice  
.....................................................................

POSDATA.- Só engadir que estou encantada co vídeo dedicado á Maraleixa, a Viveiro e a Cunqueiro.

GRAZAS RAPAZADA!

luns, 28 de maio de 2018

"Remusicando cantigas de amigo"


Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea e Alberto Torres poñenlle unha música contemporánea dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho.

xoves, 17 de maio de 2018

Compartámolas!

Estas palabriñas nun encerado do IES de Vilalonga no día de onte deixan constancia dunha pequena actividade que estaban a realizar os alumnos de 2º de ESO con citas dos libros de María Victoria Moreno. Neste caso, mentres os  outros alumnos remataban a tarefa, un deles deixou esta cita no encerado ó chou e, sen querer, resume moi ben como a nosa lingua se non é para compartir cos demais non nos serve para nada. 

Compartámola!



Compartámola aínda que cada nova xeira sexa un acto de rebeldía, posto que isto será o que nos fará únicos e diferentes, e singulares e instrasferibles nesta selva global que  pretende devorar todas e cada unha das nosas diferenzas como se fosen pecados.

martes, 8 de maio de 2018

"O pensamento dominate"



Miguel Anxo Fernán Vello

Artigo de opinión publicado o 5 de maio de 2018 no Progreso

É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo.
QUE TIPO de mentalidade posúe o maxistrado que exerceu o voto particular na Audiencia de Navarra en relación ao caso coñecido como ‘La Manada’? A mentalidade, sirva esta definición, é unha forma de entender a existencia mediante ideas e conviccións persoais que actúan como fundamento da mentalidade mesma. Ou dito doutro xeito, e seguindo as palabras do antropólogo e xurista Jaime Richart, a mentalidade é un conxunto de ideas fundamentais que configura o pensamento dunha persoa, dunha colectividade ou dunha época. E ben se sabe que existe unha ideoloxía dominante que acaba por formar parte da paisaxe social con certa naturalidade e con certo marchamo corrente e aceptado.
O pensamento dominante na sociedade actual é de clara matriz patriarcal e proxecta unha mentalidade que incorpora a existencia dunha superioridade e autoridade do home sobre a muller tanto no sistema familiar como no espazo público, de xeito que se manifesta un dominio masculino institucionalizado sobre o corpo feminino, controlándoo e someténdoo a unha apropiación, sexa mediante imperativos pacíficos ou mediante o uso directo da violencia nas súas múltiples manifestacións.
Cando o maxistrado do voto particular do Tribunal de Pamplona se dirixe á vítima da violación masiva manifestando e concluíndo que "en cualquier caso, daño, dolor durante ese episodio ha quedado claro que no sintió usted", vese aí con toda claridade como aflora a mentalidade e o pensamento patriarcal dominante, pois para este maxistrado a muller violada viviu unha situación, así o afirmou tamén tal xuíz, de "jolgorio y regocijo". Mais, independentemente de que a ONU denuncie que a sentenza de ‘La Manada’ subestima a gravidade da violación e de que 2.000 psicólogos demanden unha educación sexual que favoreza o cumprimento dos dereitos das mulleres, o certo é que o pensamento dominante ofrece aquí matices de sadismo no seu interior escuro e confuso, na mente dun xuíz que non ve como cinco machos se senten donos e señores na acción grupal sobre un ‘obxecto sexual’ disposto ao seu completo servizo.
É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo. Mais as relacións de dominio dun sexo sobre outro están sentenciadas. O androcentrismo non ten futuro. A forza e a lucidez das mulleres xa nos están marcando o camiño.

mércores, 2 de maio de 2018

venres, 27 de abril de 2018

TRES TEXTOS LITERARIOS GALEGOS PARA UNHA SENTENZA INXUSTA

Tres textos da literatura galega para explicar unha sentenza inxusta: 
  • O relato  "Os lobos" (A lus do candil) de Ánxel Fole 

mércores, 25 de abril de 2018

A compañía Chévere foi Premio Nacional de Teatro no 2014



A nosa compañía de teatro Chévere, que conta xa con máis de 25 anos de traxectoria escénica,  foi galardoada no 2014 Premio Nacional de Teatro.

Obras como "Citizen", "Erurozone" ou "Ultranoite no País dos Ananos" foron recoñecidas polo xurado pola súa capacidade na transgresión de xéneros. Así mesmo, salientouse a súa faceta humorística e participativa "sempre conectada coa realidade social e económica" e o seu "forte compromiso" co ámbito cultural galego.

"Eroski Paraíso" é a súa última obra.

Cándido Pazó. Un autor a pé de escena.

Poesía de Antón Reixa

xoves, 12 de abril de 2018

mércores, 21 de marzo de 2018

Documentais sobre o narcotráfico en Galicia



Cales son as drogas adictivas máis perigosas?

Resultado de imagen de cartel de película heroínaA raíz do secuestro do libro Fariña e a estrea da serie inspirada nel, temo volverme a atopar entre o meu alumnado esa admiración cara ós narcos,  que fai que entre as súas aspiración futuras figure "narcotraficante e que non me collan"

De aí que esteamos traballando a cara b desta historia recente, a través de distintos documentanis e películas, como Heroína, inspirada na vida de Carmen Avendaño.

Reflexionaremos tamén sobre como tivo que ser unha muller e unha asociación, onde as  nais foron as que lle plantaron cara a un problema social que ninguén sabía como abordar naquel entón. Lembremos como noutras ocasións ó logo da historia, son sempre nais,  como as da Praza de Maio en Arxentina, as que son capaces de concienciar ó seu entorno social para xerar cambios que procuren sociedades máis xustas. 

martes, 20 de marzo de 2018

CONCURSO DE BANDA DESEÑADA 2018


Xa empezamos a conta atrás para o noso CONCURSO DE BANDA DESEÑADA que obtén como premio a publicación do teu traballo na revista ENÓRMIC BANDA da Coordinadora de EDLG do Salnés.
💭💭💭💭💭💭💭💭💭
Só te tes que aplicar un pouco, seguindo as seguintes bases:
  • Tema libre.
  • Máximo dous folios só por unha cara.
  • Preferiblemente en branco e negro
Por se precisas bibliografía para o teu traballo. Tes estes dous libros na biblioteca do centro e deixo aquí tamén esta presentación para refrescar ideas.



luns, 12 de marzo de 2018

"Son eu" DE VACAS



As parodias de DE VACAS sempre nos fan sacar o lado máis feminista do riso, neste caso cun himno á menstruación.

mércores, 14 de febreiro de 2018

"OS LOBOS" e "OS DIFUNTOS FALABAN CASTELAO" de Ánxel Fole



Esta é unha adaptación cinematográfica do conto "Os lobos" de Ánxel Fole, pertencente á súa obra A lus do candil, que se realizou no ano 1997 no cal se lle dedicaron as Letras Galegas.

Resultado de imagen de os difuntos falaban castelao
 D' A lus do candil tamén é o conto: "Os difuntos falaban castelao", convertido nunha curta de animación dirixida por Tomás Conde e Virginia Curiá no ano 2000.

"Ramón Valenzuela, as olladas da esperanza"



No ano 2014 celebrouse o centenario do nacemento de RAMÓN DE VALENZUELA, autor vencellado á nosa comarca sanxenxina nos últimos anos da súa vida. Non está de máis botar unha ollada á súa biografía e obra, a través dos testemuños dos distintos persoeiros que aparecen neste  microdocumental, incluído o da súa muller María Victoria Villaverde, tamén escritora.

"Os homes toupa"


Resultado de imagen de los topos libro torbado y manuel leguineche

Os homes toupa é a denominación que recibe un grupo constituído por un cento de homes que se esconderon en faios, bodegas, sotos, falsos fondos de armarios ou ruínas abandonadas  axudados por familiares e amigos fuxindo das posibles represalias do franquismo tras a Guerra Civil. Algúns estiveron até 38 anos agochados e non saíron ata que se produciu a morte de Franco. 


Neste libro titulado "Los topos" de Jesús Torbado  e Manuel Leguineche tamén se trata este tema.



venres, 12 de xaneiro de 2018

"Principiñas e princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.


Se xa vimos o vídeo realizado cos testemuños dos rapaces de 4º de ESO, agora veremos "Principiñas e Princesiños",  que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.


Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"