venres, 12 de xaneiro de 2018

"Principiñas e princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.


Se xa vimos o vídeo realizado cos testemuños dos rapaces de 4º de ESO, agora veremos "Principiñas e Princesiños",  que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.


Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"

"Matriarcas" e "A dama e o cabaleiro"

Estes días estamos a traballar en 2º de ESO o tema da poesía e da muller desde múltiples perpectivas."MATRIARCAS", a letra  da canción  de Guadi Galego e a versión musicada do poema: "A DAMA E O CABALEIRO" de Álvaro Cunqueiro musicado polo cantautor Amancio Prada serven para achegarnos a esta temática.

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Benvid@s a un 2018 sen prexuízos lingüísticos!


   Un ano máis a Universidade de Vigo realiza un calendario ex profeso para tratrar o tema dos prexuízos lingüísticos que sofre a lingua galega.
   O ano pasado foi o ilustrador Luis Davila o seu autor, este ano é Kiko da Silva.
.

   Nesta ligazón podes descargar un exemplar do teu calendario. Pero o máis importante que podes facer é converterte nun activista que rexeite, día a día, cada un dos diferentes prexuízos lingüísticos que afectan á nosa lingua para tentar acabar con eles dunha vez por todas.