luns, 28 de maio de 2018

"Remusicando cantigas de amigo"


Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea e Alberto Torres poñenlle unha música contemporánea dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho.

luns, 21 de maio de 2018

"Cambados cara B"


Os rapeiros inspíranse en "Fariña"

xoves, 17 de maio de 2018

Compartámolas!

Estas palabriñas nun encerado do IES de Vilalonga no día de onte deixan constancia dunha pequena actividade que estaban a realizar os alumnos de 2º de ESO con citas dos libros de María Victoria Moreno. Neste caso, mentres os  outros alumnos remataban a tarefa, un deles deixou esta cita no encerado ó chou e, sen querer, resume moi ben como a nosa lingua se non é para compartir cos demais non nos serve para nada. 

Compartámola!



Compartámola aínda que cada nova xeira sexa un acto de rebeldía, posto que isto será o que nos fará únicos e diferentes, e singulares e instrasferibles nesta selva global que  pretende devorar todas e cada unha das nosas diferenzas como se fosen pecados.

martes, 8 de maio de 2018

"O pensamento dominate"



Miguel Anxo Fernán Vello

Artigo de opinión publicado o 5 de maio de 2018 no Progreso

É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo.
QUE TIPO de mentalidade posúe o maxistrado que exerceu o voto particular na Audiencia de Navarra en relación ao caso coñecido como ‘La Manada’? A mentalidade, sirva esta definición, é unha forma de entender a existencia mediante ideas e conviccións persoais que actúan como fundamento da mentalidade mesma. Ou dito doutro xeito, e seguindo as palabras do antropólogo e xurista Jaime Richart, a mentalidade é un conxunto de ideas fundamentais que configura o pensamento dunha persoa, dunha colectividade ou dunha época. E ben se sabe que existe unha ideoloxía dominante que acaba por formar parte da paisaxe social con certa naturalidade e con certo marchamo corrente e aceptado.
O pensamento dominante na sociedade actual é de clara matriz patriarcal e proxecta unha mentalidade que incorpora a existencia dunha superioridade e autoridade do home sobre a muller tanto no sistema familiar como no espazo público, de xeito que se manifesta un dominio masculino institucionalizado sobre o corpo feminino, controlándoo e someténdoo a unha apropiación, sexa mediante imperativos pacíficos ou mediante o uso directo da violencia nas súas múltiples manifestacións.
Cando o maxistrado do voto particular do Tribunal de Pamplona se dirixe á vítima da violación masiva manifestando e concluíndo que "en cualquier caso, daño, dolor durante ese episodio ha quedado claro que no sintió usted", vese aí con toda claridade como aflora a mentalidade e o pensamento patriarcal dominante, pois para este maxistrado a muller violada viviu unha situación, así o afirmou tamén tal xuíz, de "jolgorio y regocijo". Mais, independentemente de que a ONU denuncie que a sentenza de ‘La Manada’ subestima a gravidade da violación e de que 2.000 psicólogos demanden unha educación sexual que favoreza o cumprimento dos dereitos das mulleres, o certo é que o pensamento dominante ofrece aquí matices de sadismo no seu interior escuro e confuso, na mente dun xuíz que non ve como cinco machos se senten donos e señores na acción grupal sobre un ‘obxecto sexual’ disposto ao seu completo servizo.
É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo. Mais as relacións de dominio dun sexo sobre outro están sentenciadas. O androcentrismo non ten futuro. A forza e a lucidez das mulleres xa nos están marcando o camiño.

mércores, 2 de maio de 2018

"Negociar sexo por vida. Sexo sen consentimento é violación"






DPdzKREWsAEPA4H

Ademais de escoitar o vídeo da socióloga e psicóloga social, Inés Hercoivich, paga pena ler aquí o artigo da xornalista Teresa Domínguez que se basea nel.