domingo, 31 de marzo de 2019

"Melancolía"

O grupo de rap galego Dios ke te Crew, que volveu aos escenarios recentemente tras varios anos lonxe dos escenarios, vén de estrear o seu videoclip Melancolía, que é o segundo vídeo-sinxelo de adiantto d' O ciclo da Serpe, o vindeiro Lp deste grupo.

Este vídeo foi gravado na Mariña, concretamente en Barreiros e Ribadeo. A rodaxe dirixiuna Xaime Miranda.

Orgullosos do noso con Ana Peleteiro

Foto de Non vou dar explicacións por falar en galego.

domingo, 24 de marzo de 2019

Sés no Sánchez Cantón




O vindeiro xoves, 28 de marzo, ás 17:30, virá ao Sánchez Cantón  Sés. Vai ser entrevistada no paraninfo para o programa radiofónico "Cántamo en galego" de Onda Cero.

xoves, 21 de marzo de 2019

Sempre nos quedará Shin Chan

DEBATEremos sobre as novas manifestacións do fascismo.



ASÍ SON OS VOTANTES DE ULTRADEREITA

A postura a favor será a que comece o debate. As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
 ● AF (A favor) Exposición inicial: 5 minutos
 ● EC (En contra) Exposición inicial: 5 minutos 
● AF Refutación: 5 minutos 
● EC Refutación: 5 minutos 
● AF Refutación: 5 minutos 
● EC Refutación: 5 minutos. 
● EC Conclusións: 3 minutos 
● AF Conclusións: 3 minutos. 
O tempo indicado é o máximo que se pode utilizar en cada intervención pero non será imprescindible esgotalo. A duración total máxima de cada debate será 36 minutos. 

Os membros do equipo de debate retrucante, oradores ou investigadores, poderán interpelar a persoa que estea no uso da palabra para facer preguntas, observacións ou comentarios. Para iso deberá erguer a man unicamente quen vaia preguntar e agardar a autorización da persoa que está intervindocoa única excepción de precisar facer unha breve puntualización á resposta que o/a orador/a estea a dar á pregunta formulada previamente; de ser o caso o xurado valorará se é unha puntualización acaída e respectuosa co/a contrario/a ou se simplemente hai afán de interromper a persoa oradora. Estas interpelacións só poderán facerse nas quendas de refutación, non nas exposicións iniciais nin nas conclusións nin tampouco no último minuto da intervención do/a refutador/a, denominado “minuto protexido”. Cada interpelación non poderá durar máis de quince segundos. A persoa oradora–refutadora contará con liberdade para conceder a palabra e para responder ou non, malia que o xurado terá en conta tanto a oportunidade da pregunta como a xestión da resposta. O cronómetro non se parará, así que, tanto a interpelación como a resposta contarán como tempo de intervención do/a orador/a.

Durante as intervencións, os equipos poderán apoiar as súas exposicións co material que considerenacaído e que se axuste ás dispoñibilidades da sala, que serán comunicadas con antelación. O tempo utilizado no manexo deste material ilustrativo ou de apoio –presentacións, imaxes, gráficos, proxeccións, vídeos etc.- contará como tempo de intervención. O xurado valorará este apoio en función a súa pertinencia ou adecuación ao tema e ás teses que se defenden.

Asemade, as persoas oradoras poderán recibir apoio do resto do equipo en forma de notas que os  compoñentes lles acheguen ao atril. Nin o xurado nin o público asistente poderá facilitar información aos equipos que estean intervindo durante o debate.

CRONÓMETRO EN LIÑA

 

Imos ver algúns exemplos de club de debate para irmos organizando o noso. 

luns, 11 de marzo de 2019

nAmorando

nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

Este microdocumental compila unha serie de mitos e crenzas, en ocasións  erróneas, sobre o amor romántico e as relacións de parella en xeral. A importancia deste testemuño radica en que é o alumnado de 4º de ESO dos colexios públicos de Pontevedra no 2014 o que nos traslada as súas ideas sobre estes temas.