martes, 21 de maio de 2019

"Ian" e "Binta e a gran idea"


Resultado de imagen de campeones película cartel
Esta curtametraxe baseada na historia real dun neno arxentino de 10 anos con parálise cerebral, que afecta á súa mobilidade e a súa linguaxe, fálanos de inclusión. 


Ó igual que o facía a película "Campións", que tamén está inspirada na historia do equipo de baloncesto  Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual e que gañou entre os anos 1999 e 2014  doce campionatos de España. 

O discurso dun dos seus actores nos Goya deste ano, ó gañar o Goya ó mellor actor revelación, quedará gravado  na nosa memoria para sempre como exemplo de superación persoal.



Outra curtametraxe do director de "Campións", Javier Fesser, é "Binta e a gran idea".