martes, 12 de maio de 2020

"María Siléncio" de Ricardo Carvalho Calero

"A minha embala" e "Fanny y Alexander" musicaron o poema "María Siléncio"

 

Ricardo Carballo Calero terá por fin o seu Día das Letras Galegas no 2020. Celebramos este feito co seu poema "María Siléncio" musicado.

Un par de cuncas tamén realizou  a musicalización deste fermoso poema.

Carvalho Caleno na Trabe de Ouro



Programa "A Trabe de Ouro'' presentado por Víctor Freixanes e emitido en 1987, enfocado na figura de Carvalho Calero. Conta coa participación tamén de F. Pillado e Fernán Vello.


mércores, 6 de maio de 2020

Sons da lusofonía na primavera 2020



El primer Día Mundial de la Lengua Portuguesa convoca a 260 ...
(Actividade interactiva da RAG sobre a lusofonía e a súa relación con Carballo Calero, o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020)

Aquí vén o maio 2020.

E chegou o día...... #aquívénomaio. Celebramos o Primeiro de Maio coa poesía reivindicativa de Curros Enríquez nas voces de Pablo Lesuit , FAIA, Eladio Santos, Narci Rodríguez, 𝗡𝗮𝗷𝗹𝗮 𝗦𝗵𝗮𝗺𝗶,Belém Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra Pernas, Su Garrido Pombo e High Paw, con Adrián Saavedra - Produción Musical. Haberá mil primaveras máis!

Versión musicada do poema "O maio" de Manuel Curros Enríquez

Documental: "A viaxe de Ruth"

O documental coas fotos de Galicia de Ruth Matilda Anderson en GCiencia

 


A viaxe de Ruth" é un documental de Jaime Pardo e Xosé Reigosa cun guión de María Vázquez. Conta a historia da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson e a súa viaxe a Galicia en 1924 xunta seu pai Alfred. É unha viaxe ó pasado, pero tamén é unha ollada ós cambios que sufriu Galicia nos últimos 100 anos.