domingo, 26 de novembro de 2023

"Acción Galega" musicado por NAO



Versión e adaptación do grupo musical NAO do poema de Ramón Cabanillas que foi no seu día o himno de "Acción Gallega"

Comentario deste poema: HIMNO DE ACCIÓN GALLEGA.



martes, 7 de novembro de 2023

IRMÁS NA FALA Capítulo 1: Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira



'Irmás na Fala' é unha serie web de catro episodios sobre o papel das mulleres nas Irmandades Fala, o movemento fundado na Coruña no ano 1916 que abriu un novo tempo para a defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político.
A través de catro episodios que suman uns 90 minutos de cinema documental, 'Irmás na Fala' pretende contribuír ao coñecemento e recoñecemento das 'irmandiñas' que abriron camiños de futuro para todas, poñendo o foco nas historias de Micaela Chao Maciñeira, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet.
'Irmás na Fala' é unha serie producida pola Real Academia Galega co apoio do Concello da Coruña e realizada por Nós TV.

mércores, 1 de novembro de 2023

GALICIA PROFUNDA na Galicia dixital


24 Outubro 2021

 "A Galiza dixital declárase profundamente galega"