venres, 27 de abril de 2018

TRES TEXTOS LITERARIOS GALEGOS PARA UNHA SENTENZA INXUSTA

Tres textos da literatura galega para explicar unha sentenza inxusta: 
  • O relato  "Os lobos" (A lus do candil) de Ánxel Fole 

mércores, 25 de abril de 2018

A compañía Chévere foi Premio Nacional de Teatro no 2014



A nosa compañía de teatro Chévere, que conta xa con máis de 25 anos de traxectoria escénica,  foi galardoada no 2014 Premio Nacional de Teatro.

Obras como "Citizen", "Erurozone" ou "Ultranoite no País dos Ananos" foron recoñecidas polo xurado pola súa capacidade na transgresión de xéneros. Así mesmo, salientouse a súa faceta humorística e participativa "sempre conectada coa realidade social e económica" e o seu "forte compromiso" co ámbito cultural galego.

"Eroski Paraíso" é a súa última obra.

xoves, 19 de abril de 2018

O XABARÍN CLUB CUMPRE 24 ANOS

Resultado de imagen de 24 anos do xabarín clubNesta ligazón podes ver o vídeo que fixo a TVG dos  24 anos de Xabarín Club.



xoves, 12 de abril de 2018

mércores, 11 de abril de 2018

PRIMEIRA XERACIÓN DE GALEGOS SEN COMPLEXOS. "Fai un sol de carallo"



Para parte do meu alumnado estas letras con música son coñecidas hoxe por seren a banda sonora da serie Fariña. Pero antes disto foron a banda sonora dos anos 80, a chamada movida viguesa.

luns, 9 de abril de 2018

Vídeo coa crítica sobre "O lapis do carpinteiro"

O lapis do carpinteiro from lingualiza on Vimeo.

Quédavos aquí este vídeo para aquel alumnado que pretende facer tamén un vídeo coa crítica literaria desta novela de Manuel Rivas.

"O Pintor", Camilio Díaz Valiño



Outro das persoas que aparecen noveladas como personaxes n'O lapis do carpinteiro foi o doutor Paco Comesaña