A MARALEIXA
(Blog persoal de Salo Eu sobre recursos educativos, lingua e literatura galegas.)
▼
mércores, 16 de novembro de 2016
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS DO GALEGO ANTIGO
Velaquí as principais características fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas e
ortográficas do Galego Antigo. FONOLOXÍA — Presenza de vogais nasais, orixinadas pola perda dun -n- intervocálico:
mão, bõo... — Abundancia de hiatos pola caída de consoantes intervocálicas: veer... — Sistema de sibilantes xordas e sonoras moi complexo: • Grafías s- e -ss- que representaban un son igual ao noso s: saber, nosso... • Grafía -s-, que representaba un s sonoro: casa... • Grafía ç, que soaba ts: maçãa (mazá)... • Grafía z, que se pronunciaba dz: dizer (dicir)... • Grafía x, pronunciada igual que o noso x: leixar (deixar)... • Grafías j, g, pronunciadas como un x sonoro: trager (traer)... MORFOLOXÍA — Ausencia de morfemas femininos para os substantivos rematados en -or: a
senhor (a señora)... — Pronome te para CD e CI: dar-te (darche)... — Pronomes mesoclíticos: dar-te-ía (daríache)... — Desinencias verbais diverxentes das do galego actual: fez (fixo), disse
(dixo)... — Tempos compostos con aver: avian mentado (mencionaran)... — Participio en -udo para algúns verbos da 2.ª conxugación: perdudo (perdido)... SINTAXE — Uso do posesivo sen artigo: de seus milagres (dos seus milagres)... — Anteposición do pronome átono: ele lho deu (el deullo)... LÉXICO — Presenza de préstamos do francés: dama, sage (sabio)... — Presenza de préstamos do provenzal: assaz (bastante), trobador, prez (aparencia)... — Palabras hoxe desaparecidas: filhar (aceptar), eire (onte), cras (mañá)... ORTOGRAFÍA — Moitas vacilacións gráficas: hauya, hauia (había)... — Só signos de interrogación e admiración finais (?, !): Que me queres, amor? — Uso do guión para separar verbos e pronomes átonos: dizede-me (dicídeme)
Ningún comentario:
Publicar un comentario