luns, 12 de maio de 2025

OS CONECTORES TEXTUAIS


Os conectores son elementos que permiten relacionar parágrafos entre si e teñen distintos valores semánticos.

1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza: Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.

 2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas. E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.

 3. Opositivas: ideas contrastadas A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén;  non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.

 4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia. Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que). 

 5. Reiterativos, explicativos ou enfáticos: Certamente; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar; 

 6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente. Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira;

 7. Iniciais: Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente. 

 8. Disgresional: A propósito**; convén|cómpre distinguir. 

 9. Temporais: Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou. 

 10. Feche do discurso: Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos);

Ningún comentario:

Publicar un comentario