mércores, 30 de marzo de 2016

Análise do galego medio no soneto de Joán Gómez Tonel

 Turbas corran as ágoas; poña luto
o aire denso, en merancoria tanta;
queime o fogo a terra, que sin pranta
negue ao fortuno ano seu trebuto,

mentras a Porcia do Filipo Bruto
en os ombros da fama sacrosanta
se irgue ao ceo, que súa groria canta
collendo en fror o ja maduro fruto,

Perdeu, marrando tan ditosa vida,
a humildá, preço; a piadade, tempro
(que derrubou, oh Morte, túa gadaña);
o mundo, Reina; o rei, súa Margarida;
a Fe, colúa; a Virtud, enxempro;
a pedra (cujo engaste foi), España.

Chore  nosa montaña,
do gando, leite e novidad espida,
semellando as abellas no enxempro.

Que si a súa Margarida,
Reina, preço, colúa, pedra, tempro,
perden Rei, Mundo, Fe, Virtud, España,
tu, que tal perda viche,
¡oh, magoada Galicia, ¿que perdiche?

ANÁLISE DAS CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS:

Grafía: emprego da letra ‘ñ’ para representar o fonema nasal palatal sonoro (poña); utilización da letra ‘ç’ (preço); emprego do grafema ‘j’ (cujo). Fonoloxía: alteracións do vocalismo átono (ágoas, trebuto, piadade) e mesmo do tónico (irgue); confusión entre os fonemas líquidos /l/ e /r/ (merancoría, pranta, groria, tempro, enxempro). Morfosintaxe: utilización do posesivo sen artigo (seu trebuto, súa groria, túa gadaña, nosa montaña); non se realiza, polo menos non se representa, a contracción da preposición e o artigo (en os); formas castelanizantes (sin, mentras, si); segunda persoa do pronome persoal tónico suxeito ‘tu’; segunda persoa de singular do perfecto en ‘-che’ (viche, perdiche). Léxico: castelanismos (luto, fruto, humildá, virtud[e], novidad); vulgarismos (humildá, enxempro); pseudoevolucións (colúa < columna). 

Correlingua 2016



A cantante, Sés, a escritora, Ledicia Costas, o futbolista, Sergio Álvarez,  o actor, Federico Pérez xunto coa rapazada de alumnado formado por Xan, Uxía, Lucas, Sara e Inés son os protagonistas este ano do cartel do Correlingua 2016 co lema "O galego está en nós"