xoves, 30 de abril de 2020

Comentario de "Peaxes" de Santiago Lopo por Lidia Barba



Temos aquí outra das lecturas do confinamento de LIDIA BARBA (4º ESO C), que nos deixa compartir publicamente este vídeo tan ilustrativo, no que explica temática, personaxes, tempo e espazo da novela "Peaxes" de Santiago Lopo dun xeito moi creativo.

xoves, 23 de abril de 2020

"Anagnórise" comentada por Lidia Barba



A miña alumna de 4º de ESO, Lidia Barba, realiza uns vídeos moi  chulos sobre as súas lecturas. Tanto é así, que quero compartilos convosco. Aquí vai o primeiro para celebrar o Día do Libro 2020.


mércores, 1 de abril de 2020

"Os difuntos falaban castealo"



Esta curtametraxe versiona o relato de Ánxel Fole pertencente á súa obra "Á lus do candil"

"A escola das areas"


 "A escola das areas" é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde e Virgina Curiá. Estreouse en 2002, co gallo de se lle dedicar o Día das Letras Galegas a frei Martiño Sarmiento (1695-1772).

"Shakespeare para ignorantes"

Antoloxía VOCES NA LOITA COMÚN




Nesta antoloxía podedes ler as voces poéticas de  Adolfina Mesa, Andrea Fernández Maneiro, Antonio García Teijeiro, Arancha Nogueira, Beatriz Dourado, Beatriz Maceda Abeleira, Carlos Da Aira, Eva Veiga, Iria Collazo López, Lourdes Maceiras, María José Fernández López, Miguel Díaz, Natalia González Gómez, Navia Rivas de Castro, Patricia Torrado Queiruga, Pepa Álvarez Gómez, Primitivo Oliva Fernández, Rochi Nóvoa Vázquez, Ximena Mariño e Xosé Otero Canto  

E a da miña alumna de 3º de ESO, MARIÑA MACEIRAS.