martes, 18 de xaneiro de 2022

VEÑEN PARA QUEDAR


 "AG.- Aida Tarrío e as irmás, Olaia e Sabela Maneiro, forman Tanxugueiras. Este grupo de mulleres revolucionou a historia do festival de Eurovisión e poden marcar un fito na música galega. Unha enquisa popular situounas coma as representantes ideais de RTVE para o concurso de Eurovisión. Aceptaron o reto e hoxe son candidatas, e unha das favoritas, para gañar o Benidorm Fest co seu tema Terra. Unha canción de raíz, apegada ao son máis xenuíno galego con innovacións experimentais. 

 

Cándido Paniagua Pousa achéganos esta unidade didáctica para traballarmos co tema, coñecelas un pouco máis e aprender de lingua, sociolingüística e música." 


 FONTE: AULAS GALEGAS

VÉRTICE DE VERSOS

 VÉRTICE DE VERSOS

PROPOSTAS PARA TRABALLAR A NOSA POESÍA ÚLTIMA.

Teaser - Vértice de Versos from Carlos Lorenzo Pérez on Vimeo.

domingo, 16 de xaneiro de 2022

WORDLE.GAL, UN XOGO DE PALABRAS

 


Clica aquí para xogares ó 

WORDLE. GAL, UN XOGO DE PALABRAS


" O Wordle é un sinxelo xogo para descrifrar unha palabra de cinco letras ao día na internet. En poucas semanas logrou converterse nun éxito de participación na súa versión orixinal en inglés. Desenvolvido polo enxeñeiro informático Josh Wardle, xa ten versión en castelán e agora en galego."

Fonte: PRAZA

"A serea e o mariñeiro" de Xoel López


💜💙