xoves, 25 de abril de 2024

"Esta é a madrugada que eu esperava"


 

Letra da canção


Esta é a madrugada que eu esperava 
O dia inicial inteiro e limpo 
Onde emergimos da noite e do silêncio 
E livres habitamos a substância do tempo 

  Sophia de Mello Breyner Andresen

luns, 1 de abril de 2024

NOVA PLATAFORMA AUDIOVISUAL: Agalega.gal

 "A Televisión de Galicia adáptase aos novos tempos con AGalega, unha plataforma de vídeo baixo demanda similar as populares Netflix, HBO Max ou Filmin. Neste novo espazo virtual atopamos máis de 1400 contidos audiovisuais entre filmes, series, curtametraxes, programas de televisión, concertos e podcasts."


"Do mesmo xeito que acontece co tren de alta velocidade, parece que en Galicia os avances tecnolóxicos sempre tardan un pouco máis en chegar. Este mércores presentouse AGalega, unha plataforma de vídeo dixital impulsada pola Televisión de Galicia que recompila máis de 1400 contidos entre filmes, series, curtametraxes, programas de televisión, concertos e podcasts. Podemos acceder de balde a todo este catálogo a través de agalega.gal ou descargando a app en Google Play e App Store ou descargándoa nos televisores intelixentes Fire TV, LG e Samsung.

Como é habitual neste tipo de plataformas baixo demanda, AGalega contará con contido feito expresamente para esta canle dixitalNa Gloria, de Xosé Touriñán e Dani Rovira; e Ghuasapp son algúns exemplos. Ademais poderemos gozar do seu amplísimo catálogo de filmes de ficción (O que arde, Malencolía, A illa das mentiras, Cuñados, Quen a ferro mata, Engurras, Ons, Eroski Paradiso, Lúa Vermella, O descoñecido, A esmorga…), documentais (Benposta, soño e realidade; Os días afogados, Nación, Trinta lumes, Vigo 1972…), series de televisión ac tuais (Saudade de tiAuga SecaA EstibaOperación Marea NegraO sabor das margaridas…) e históricas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Padre Casares, Matalobos, Serramoura…); programas culturais (Zigzag, Zeta, As mil e unha páxinas…) e musicais (Cantos rodados, Ondas novas, Alalá, 100 anos de verbena galega, No carro da música…) e multitude de contidos sobre historia, gastronomía, viaxes, etc."

Fonte: Amovida.gal, Pablo Vázquez, 19/01/24 

XABARÍN.GAL

O famoso Xabarín Club tamén goza dunha nova plataforma grazas ao traballo da Mesa pola Normalización Lingüística e as 33.000 sinaturas que acadaron ao longo de tres anos.

A outra gran nova da semana (19/01/24) é a creación de xabarin.gal, unha canle infantil que recupera o espírito do mítico programa que marcou a varias xeracións de galegos e galegas. Aínda que non todas as series están dispoñibles, si que podemos atopar clásicos como EvangelionO detective ConanAs aventuras de Rocky e BullwinkleTeletubbies ou Rantaro, o ninja pequeno, ademais doutras como Sarxento KeroroKiteretsu (spin off de Doraemon), Cocorico, A tropa de trapo, Ideafix, Spirit ou Sakura, cazadora de cartas. Tamén hai dispoñibles uns poucos filmes, como Valentina, A galiña Turuleca, Meigallos, Maimiño e A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol."


"Esta novidade non sería posible sen o traballo da Mesa pola Normalización Lingüística. Hai 3 anos que esta asociación lanzou a Iniciativa Xabarín reclamando contidos infantís e xuvenís en galego nas televisións públicas. Co apoio de 33000 sinaturas a iniciativa debateuse no Parlamento galego en maio de 2021, que aprobou un aumento da oferta en galego destinada á infancia e mocidade dispoñible en todos os dispositivos e plataformas de contidos audiovisuais, así como aplicacións actualizadas.

Tiveron que pasar tres anos para que a iniciativa se fixera realidade: “Foron as 33000 persoas que asinaron a Iniciativa Xabarín e todos os concellos e entidades sociais que apoiaron a proposta as que impulsaron este triunfo da sociedade galega que hoxe celebramos”, domentou na presentación Xela Armas, secretaria xeral da Mesa. “Tivemos que insistir, recollendo máis sinaturas para que non se seguise atrasando a disposición” e “seguiremos insistindo, para que se cumpra todo”, afirma Armas, quen recordou, tamén, que o Estado debe facer cumprir a Lei audiovisual a todas as operadoras e plataformas, comezando por TVE que só emite en galego 25 minutos diaros de 120 horas totais e 2 títulos en RTVE Play dos 4 con VO en galego."

The following two tabs change content below.
Fonte: Amovida.gal, Pablo Vázquez, 19/01/24 

luns, 18 de marzo de 2024

MEDIOS DE COMUNICACIÓN EN LIÑA E OUTROS MEDIOS EN PRENSA ESCRITA


MEDIOS EN GALEGO: CHUZA! Últimas novas actualizadas cada pouco tempo. Pódense ver por seccións temáticas. http://chuza.gal
 CÓDIGO CERO Diario Tecnolóxico de Galicia http://codigocero.com 
 GCIENCIA Xornalismo e divulgación da ciencia e da tecnoloxíahttp://www.gciencia.com 
 GALICIA HOXE (Desaparecido en 2011) Despois da desaparición do  semanario A NOSA TERRA (1977-2011)  e de VIEIROS (2010)
     NÓS DIARIOhttps://www.nosdiario.gal
 NOVAS DO EIXO ATLÁNTICO | Xornal Galego-Portugués da Gallaecia http://www.novasdoeixoatlantico.com 
 PODGALEGO Web dirixida a agrupar e difundir os podcast en galego. Outro xeito de facer radio. https://podgalego.agora.gal 
     PRAZA PÚBLICA http://praza.gal 
 QUE PASA NA COSTA Diario dixital da Costa da Mortehttps://quepasanacosta.gal 
 RADIO TELEVISIÓN DE GALICIA http://www.crtvg.es 
 TEMPOS DIXITAL / Edición dixital da revista Tempos Novos http://temposdixital.com 



 PRENSA EN PORTUGUÉS: Prensa no Brasil Prensa en Portugal

Novas sobre a lingua galega (marzo 2023)

O galego é xa o 37º idioma con máis peso a nivel mundial e supera outros con millóns de falantes

 Un estudo di que o 95% dos rapaces de ESO falan o castelán


Tabla con 2 columnas y 37 filas. En este momento se muestran las filas desde la 1 a la 15.
Santiago de Compostela
92,2
Lugo
91,9
Ourense
91,8
Vigo
91,4
Pontevedra
90,9
Ferrol
90,2
Vilanova i la Geltrú
90,0
A Coruña
89,6
Xirona
88,9
Manresa
88,0
Sant Cugat del Vallès
87,7
Terrasa
87,1
Sabadell
86,8
Lleida
86,5
Cerdanyola del Vallès
85,9

ENQUISA SONDAXE SOBRE A LINGUA GALEGA (marzo 2022)/ 2018/2023

A transmisión do galego complícase: menos falantes nas xeracións novas e máis retroceso nas cidades
(Fonte: A Voz de Galicia, 5 de marzo de 2022)

Coñecemento e uso do galego

COÑECEMENTO E USO DO GALEGO (Fonte: Instituto Galego de Estatística)

Quebradeiros de cabeza cos pronomes?

Normativización/ Binormativismo



BINORMATIVISMO

mércores, 13 de marzo de 2024

"UNHA CANCIÓN DE NATHY PELUSO COA QUE ENTENDER A POESÍA"

 Unha alumna de 3º de ESO do IES Lucus Agusti gana o concurso do concurso mensual  PRENSA ESCOLA de La Voz de Galicia comentando unha canción da cantante NATHY PELUSO

PICA AQUÍ PARA LER A NOVA

venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

Ilustración de Laura Romero

   ¡SILENCIO!
     A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
     sentindo cómo loitan
     en sin igual batalla
     A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
     sentindo cómo loitan
     en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
     e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
     rompendo a vena hinchada,
i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede
     ó mais fondo da ialma,
     tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
     ¿dónde quedóu velada?

Rosalía de Castro, Follas novas, 1880
 

martes, 20 de febreiro de 2024

Algunhas construcións pronominais en galego

DATIVO POSESIVO OU SIMPATÉTICO

 O DATIVO POSESIVO ou simpatético é un pronome en función de CI, que sinala unha relación de posesión, pero sen aludila directamente (referida a obxectos persoais, parentescto ou partes do corpo).

  • Tocouche nos pés (Tocouche os teus pés) 

  •  Colléronme as mans (Colleron a miñas mans) 

 

venres, 2 de febreiro de 2024

"Eu tamén #son do Morrazo"


 

 Campaña do comercio do Morrazo que pon en valor as súas variantes dialectais. Conservar o propio, conservar a diversidade lingüística e, asemade, conservar o comercio local, como algo que nos enriquece a todos.

Caderno de bitácora da FESTA DA DORNA

Caderno de bitároca da FESTA DA DORNA


 Gheada e seseo na súa variedade máis pura desde o Barbansa para o mundo. Ribeira cen por cen.


AQUÍ DICÍMOLO ASÍ (DígochoEU)

 

Variedades xeográficas do galego




NAVEGA POLOS BLOQUES DIALECTAIS