xoves, 28 de novembro de 2019

"Ondas do mar de Vigo" na voz de AMARAL.



É un agasallo para min que AMARAL, un dos meus grupos fetiche, musique a cantiga "Ondas do mar de Vigo". Espero que tamén o sexa para vós.

Como soan as ONDAS DO MAR DE VIGO coa música do medievo.

xoves, 21 de novembro de 2019

Infografía: Uso do galego no mundo.


                                                                                                                   



As linguas no mundo


A que nos soa este discurso?

Este é un anaco do discurso de Yalitza Aparicio, a mexicana nominada ó Óscar pola súa interpretación na película Roma de Alfonso Cuarón, pronunciado na sede cultural das Nacións Unidas. 


"Na miña comunidade esas linguas perdéronse porque se consideraba que falalas te convertía nunha persoa menos capaz". Está a referirse ás linguas mixtecas, unhas das 67 linguas de México.


martes, 12 de novembro de 2019

"Na universidade en galego, sen prexuízos"


CALENDARIO PARA ANALIZAR DISTINTOS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS.

Funcións sociais da lingua.


Prexuízos lingüísticos na mocidade.

"ANTIprexuízos lingüísticos"


 Por moito que as profes esteamos aí dicindo que non pasa nada por falar galego, que hoxe en día non é coma antes, podes ser monolingüe as vintecatro horas sen problemas, a pouco que nos paramos a explicar isto, xa lles poñemos ó alumnado exemplos  dos que nos acontecen a nós, que son pequenas pedriñas que aínda nos atopamos no camiño cara á normalización. Por iso é importante escoitalos a eles, a eses alumnos galegofalantes, que andan a pulular polas nosas aulas, ás veces con menos éxito na materia do que nos gustaría ás profes, porque a eles o do estándar sempre lles vai custar un pouquiño máis ca ós demais, posto que eles  xa o traen un galego de serie. De aí que este vídeo do meu alumno de 2º bacharelato, Roberto Trigo, é unha pequena homenaxe para tod@s el@s por resistir esa presión lingüística, algo que non é doado para ninguén e, por suposto,  éo menos para un adolescente que está na súa etapa de formación e anda a buscar o seu lugar no mudo.



Parabéns para todos e cada un dos que pasaron  polas miñas aulas!