domingo, 26 de novembro de 2023

martes, 7 de novembro de 2023

IRMÁS NA FALA Capítulo 1: Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira



'Irmás na Fala' é unha serie web de catro episodios sobre o papel das mulleres nas Irmandades Fala, o movemento fundado na Coruña no ano 1916 que abriu un novo tempo para a defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político.
A través de catro episodios que suman uns 90 minutos de cinema documental, 'Irmás na Fala' pretende contribuír ao coñecemento e recoñecemento das 'irmandiñas' que abriron camiños de futuro para todas, poñendo o foco nas historias de Micaela Chao Maciñeira, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet.
'Irmás na Fala' é unha serie producida pola Real Academia Galega co apoio do Concello da Coruña e realizada por Nós TV.

martes, 17 de outubro de 2023

XOGOS INTERACTIVOS sobre A MEMORIA DAS MULLERES


  • Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.

  • Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.

  • Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.

  • As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes temas.

        Máis recursos da MEMORIA DAS MULLERES

domingo, 8 de outubro de 2023

OS CONECTORES TEXTUAIS

Os conectores son elementos que permiten relacionar parágrafos entre si e teñen distintos valores semánticos.
1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza: Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.
 2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas. E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.
 3. Opositivas: ideas contrastadas A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén; todavía (en portugués); non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.
 4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia. Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que). 
 5. Reiterativos, explicativos ou enfáticos: Certamente; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar; 
 6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente. Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira;
 7. Iniciais: Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente. 
 8. Disgresional: A propósito**; convén|cómpre distinguir. 
 9. Temporais: Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou. 
 10. Feche do discurso: Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos);

xoves, 23 de marzo de 2023

PODCAST con entrevista sobre os usos da lingua galega.

 

Ouça "Tropa do Clima coa lingua galega" no Spreaker. Entrevistas de Mariña Maceiras sobre os usos da lingua galega durante a xuntanza da Tropa do Clima, realizada entre o IES Sánchez Cantón e IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Entrevistados: Iván Puentes, concelleiro de medio ambiente, profesorado e alumnado do IES Frei Martín Sarmiento do bacharelato de artes.

martes, 7 de febreiro de 2023

Canto sabes do Entroido?


 Canto sabes do Entroido?:  A ver se es quen de adiviñar todas as palabras. Se non es quen, copia a definición e investiga!

CARAUTA DE PELIQUEIRO




O ENTROIDO GALEGO

TRABALLO MULTIDISCIPLINAR SOBRE O ENTROIDO



UN VERDADEIRO ENTROIDO É SEMPRE IRREVERENTE


Ilustres irreverencias é unha páxina moi acaída para o tempo de Entroido, que sería moi do gusto dalgún dos personaxes parodiados.








"Adiós, fritos; adios, postres "


"Adios, fritos; adios, postres;
adiós, os pratos sen grelos;
adiós, vista dos meus mollos:
non sei cando nos veremos.
Miña freba, miña freba,
freba coa que me eu criei,
touciñiño que quero tanto,
pataquiñas que prantei,
xeados, fritos, larpeiras, 
flans que como a cento, 
untiños e licores, 
cociñiña do meu contento,
pinchiños dos bares, 
doces e cañas de vagar, 
montaña de filloas
da tixoliña do lar,
natilliñas con galletas 
que eu zampaba con ardor, 
chocolatiños con pan de millo, 
¡adios, para sempre adios!
¡Adios lorza! ¡Adios contento! 
¡Deixo a pasta que cocín, 
deixo a dieta que coñezo
por un mundo verduril!"

Rosalía de Castro ft. Conchi García


Despedimos os excesos do Nadal e xa nos achegamos ó Entroido con composicións burlescas como esta tan enxeñosa que se serve do "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.

martes, 24 de xaneiro de 2023

Parodia da última canción de Shakira: "Chaíñas coma ti"


Versión da Canción de Shakira e Bizarrap (BZRP) da music Session #53. Neste caso temos a Iago Gordillo como Shakira, Lorena Amigo como Bizarrap e coa tradución e adaptación do @amilgz. Casio facemos en menos dun día así que non teñades en conta que isto esté un pouco Twingo.


luns, 23 de xaneiro de 2023

Heterofobia




"Mundo ao contrario" é o título que ten na súa tradución ó portugués esta curtametraxe, na que se ficciona un mundo onde o normal é ser homosexual e ser heterosexual é unha aberración.

Esta é unha historia contada por unha rapaza que descobre a súa condición sexual e ten que loitar contra unha sociedade, chea de preconceptos sobre a sexualidade. Non atopa, por degraza, ningún apoio, nin nos seus amigos, nin no seu entorno familiar para superar todos estes prexuízos, que finalmente a destrúen.

Diéxese (historia) e relato (discurso)


Narracion.Relato-Historia.jpg


Narrador na Galipedia.

Tipoloxía textual en Galego en Zadar. 





"Balbino perdeuse"

A novela Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas foi adaptada ó teatro por Cándido Pazó no cincuenta aniversario da súa publicación.



Actualmente este autor e actor teatral anda a representar a versión feminina desta historia.

Por que en feminino? Porque é unha homenaxe a miña nai no día que fai 90 anos. Ela é dunha aldea de Allariz, pero considérase tamén filla adoptiva de San Paio. Adopción bautizada coa terra das leiras que traballou desde que casou nesa parroquia viguesa na que nos trouxo ao mundo.

Resultado de imagen de memorias dunha nena labrega

ELEMENTOS DA NARRACIÓN


ELEMENTOS DA NARRACIÓN LITERARIA.

"O crepúsculo e as formigas"