martes, 2 de xaneiro de 2024

Mapa da lusofonía

 XOGAR 




Linguas da Península Ibérica



ECOLINGÜISMO O GALEGO É O NOSO MEDIO NATURAL

 



Como na escola nos ensinaron a identificar unidade política europea con idioma nacional (“para España o español, para Italia o italiano, para Francia o francés, etc.”), o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada, considerado como un problema que precisa solución en lugar dunha riqueza da que gabarse. Pero o monolingüismo non é a realidade normal, nin sequera é unha realidade desexable, inevitable ou suficiente. Fóra dese reducionismo escolar, na maioría das rexións do mundo os individuos desenvolven as súas vidas mediante o uso de varias linguas.


As contas saen de xeito ben doado: temos unhas seis mil linguas e uns douscentos cincuenta estados ou territorios independentes; xa que logo, as linguas teñen que solaparse, compartir territorios e mesmo instalarse á vez nas mentes dos individuos. E o reparto non é equitativo e resiste a calquera análise simplificadora. De entrada hai linguas que gozan de excelente estado de saúde. (...) No outro extremo, a maior parte das linguas da humanidade subsisten en precario: sen posibilidade de acceder aos grandes modelos de prestixio simbólico, sen presenza efectiva nos medios de comunicación, na ciencia ou na arte, as máis das veces mesmo sen existencia por escrito. Como calquera outro reparto de riqueza, o das linguas é problemático pola parte que a todos nos toca de culpabilidade no asunto.
                                                                        Teresa Moure, 2003.


A SITUACIÓN LINGÜÍSTICA MUNDIAL