martes, 17 de outubro de 2023

XOGOS INTERACTIVOS sobre A MEMORIA DAS MULLERES


  • Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.

  • Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.

  • Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.

  • As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes temas.

        Máis recursos da MEMORIA DAS MULLERES

domingo, 8 de outubro de 2023

OS CONECTORES TEXTUAIS

Os conectores son elementos que permiten relacionar parágrafos entre si e teñen distintos valores semánticos.
1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza: Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.
 2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas. E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.
 3. Opositivas: ideas contrastadas A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén; todavía (en portugués); non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.
 4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia. Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que). 
 5. Reiterativos, explicativos ou enfáticos: Certamente; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar; 
 6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente. Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira;
 7. Iniciais: Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente. 
 8. Disgresional: A propósito**; convén|cómpre distinguir. 
 9. Temporais: Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou. 
 10. Feche do discurso: Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos);