xoves, 30 de xuño de 2016

"In the crosswind"

IN THE CROSSWIND TIFF trailer (ENG) from Martti Helde on Vimeo.

Onte puiden ver esta película estonia prohibida en Rusia no recén estreado  Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, NOVOS CINEMAS, que trata o holocausto estonio e emprega unha técnica narrativa moi curiosa, onde os personaxes fican estáticos e hieráticos a maior parte do filme, mentres que é a cámara a que se vai movendo entre eles nuns longos planos secuencias, acompañada dunha voz en off que nos narra a historia a través das cartas que a protagonista lle escribe ó seu home, unha vez que son obrigados a introducirse en distintos vagóns polos militares soviéticos e ela é enviada a un campo de concentración a Siberia.