xoves, 28 de xaneiro de 2021

Variedades xeográficas ou dialectais ("Ghalegho", "Eu digo")




"Ghalegho", unha curta sobre a autoestima dos nosos fenómenos lingüísticos dialectais e normativos, tan fortemente prexuizados durante anos. Posto que debemos lembrar, que tanto a gheada como o seseo forman parte do estándar na fala, aínda que non o fagan da escrita.

"Eu digo..." é unha creación nacida no IES Dionisio Gamallo de Ribadeo en reacción cómplice ó video anterior de "Ghalegho".  Ambos os dous son dúas reivindicacións necesarias das nosas variedades dialectais.








"Seis pasos para falar malpicán"

Neste vídeo que quedou finalista o ano pasado  no certame #youtubeiras #youtubeiros, o alumnado do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, vila da Costa da Morte, realiza un pequeno titorial sobre as súas peculiaridades dialectais, as cales definense  dentro do bloque occidental galego como área bergantiñá. 

 

xoves, 21 de xaneiro de 2021

"A esmorga" no cine.

A esmorga ten dúas versións cinematográficas, unha máis actual, dirixida por Ignacio Villar no 2014 e outra  de 1977, cuxo director foi Gonzalo Súarez, baseada na tradución ó castelán que fixo da súa obra o propio Blanco Amor, que leva por título Parranda