luns, 23 de novembro de 2020

25N de 2020 "A rolda da igualdade"



GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO da Xunta de Galicia

martes, 27 de outubro de 2020

"A vivenda, un ben social"

 

ORGULLO GALEGO, unha comunidade na rede

 


Graciñas por existires!

Orgullo Galego é a comunidade en galego máis grande da rede. Atención ó dato: son máis de 295 mil nas redes sociais! A equipa de Nós Televisión desvela quen está detrás da xestión deste proxecto que une a tantas persoas a través da nosa lingua. Polo orgullo galego na rede! 💙🤍

mércores, 21 de outubro de 2020

"O país dos nomes infinitos"


"Falamos da conservación da microtoponimia galega con Vicente Feijóo, coordinador do Galicia Nomeada e membro do Seminario de Onomástica da RAG, con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e con Xoán García Porral, coautor d' A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda canda o IES Pintor Colmeiro e o Museo do Pobo Galego."

sábado, 26 de setembro de 2020

"De balde" de Sila Lúa


Sila Lúa, esta viguesa residente en Londres fai música electrónica urbana. Acaba de presentar o seu tema adaptando o poema "De balde" de Rosaía de Castro.

Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
se é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova…
Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!


Nova aplicación para móbiles: A LINHA DO GALEGO

 

Recensión da película "María Solinha"

 Recensión da película de Ignacio Villar "María Solinha" polo Jato Kósmico.

"Espazo negativo"

 

SABES OU NON SABES? Música galega

"O que somos, nunha casete"


"Asterix, o galo"

sábado, 18 de xullo de 2020

The homens: "Verán sen fin"



Aquí podedes ver o último vídeo de The Homens: "Veran sen fin". Un título moi acaído para desconectar estes meses de vacacións. 

xoves, 25 de xuño de 2020

Narrativa de finais do S.XX e principios do XXI



Nesta  canle chamada neeumatiko de Nee Barros Fernández podedes atopar todos os temas de literatura galega que entran nas ABAU. 

luns, 11 de maio de 2020

O galego reintegrado con Carvalho Calero



Foto de Demo Editorial.FEDELLA CARVALHO 

Carvalho Caleno na Trabe de Ouro



Programa "A Trabe de Ouro'' presentado por Víctor Freixanes e emitido en 1987, enfocado na figura de Carvalho Calero. Conta coa participación tamén de F. Pillado e Fernán Vello.


Carvalho Calero. Letras Galegas

As 50 canles en GALEGO máis populares.

Tres poemas musicados de Carvallo Calero

mércores, 6 de maio de 2020

Sons da lusofonía na primavera 2020



El primer Día Mundial de la Lengua Portuguesa convoca a 260 ...
(Actividade interactiva da RAG sobre a lusofonía e a súa relación con Carballo Calero, o homenaxeado do Día das Letras Galegas 2020)

venres, 1 de maio de 2020

O TEXTO ARGUMENTATIVO

Documental: "A viaxe de Ruth"

O documental coas fotos de Galicia de Ruth Matilda Anderson en GCiencia

 


A viaxe de Ruth" é un documental de Jaime Pardo e Xosé Reigosa cun guión de María Vázquez. Conta a historia da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson e a súa viaxe a Galicia en 1924 xunta seu pai Alfred. É unha viaxe ó pasado, pero tamén é unha ollada ós cambios que sufriu Galicia nos últimos 100 anos.

xoves, 30 de abril de 2020

Comentario de "Peaxes" de Santiago Lopo por Lidia Barba



Temos aquí outra das lecturas do confinamento de LIDIA BARBA (4º ESO C), que nos deixa compartir publicamente este vídeo tan ilustrativo, no que explica temática, personaxes, tempo e espazo da novela "Peaxes" de Santiago Lopo dun xeito moi creativo.

xoves, 23 de abril de 2020

"Anagnórise" comentada por Lidia Barba



A miña alumna de 4º de ESO, Lidia Barba, realiza uns vídeos moi  chulos sobre as súas lecturas. Tanto é así, que quero compartilos convosco. Aquí vai o primeiro para celebrar o Día do Libro 2020.


mércores, 1 de abril de 2020

"Os difuntos falaban castealo"



Esta curtametraxe versiona o relato de Ánxel Fole pertencente á súa obra "Á lus do candil"

"A escola das areas"


 "A escola das areas" é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde e Virgina Curiá. Estreouse en 2002, co gallo de se lle dedicar o Día das Letras Galegas a frei Martiño Sarmiento (1695-1772).

"Shakespeare para ignorantes"

Antoloxía VOCES NA LOITA COMÚN




Nesta antoloxía podedes ler as voces poéticas de  Adolfina Mesa, Andrea Fernández Maneiro, Antonio García Teijeiro, Arancha Nogueira, Beatriz Dourado, Beatriz Maceda Abeleira, Carlos Da Aira, Eva Veiga, Iria Collazo López, Lourdes Maceiras, María José Fernández López, Miguel Díaz, Natalia González Gómez, Navia Rivas de Castro, Patricia Torrado Queiruga, Pepa Álvarez Gómez, Primitivo Oliva Fernández, Rochi Nóvoa Vázquez, Ximena Mariño e Xosé Otero Canto  

E a da miña alumna de 3º de ESO, MARIÑA MACEIRAS.


martes, 24 de marzo de 2020

Adiviña o poema!




Desde AULAS GALEGAS, aproveitando que esta semana celebramos o día da poesía, propóñenvos distintas adiviñas poéticas. 


mércores, 12 de febreiro de 2020

"Cousiñas de muller"



Vídeo realizado para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo  no Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia

Este vídeo denuncia o que Margaret W. Rossiter cualifica como “Efecto Matilda”: canto máis brillante é o traballo científico dunha muller, máis se agocha e despreza.

Rosa Motero publicou hai poucos días unha interesante columna no xornal, El país, explicando como Einstein obrigou a asinar un contrato humillante a súa primeira muller Mileva Maric para borrar as pegadas desta matemática e física serbia nos descubrimentos do Nobel.

mércores, 22 de xaneiro de 2020

"Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro

"A orella dereita de Antón Leivas" é o capítulo da serie da TVG "Os outros feirantes" baseada nas semblanzas  de Álvaro Cunqueiro.

Outros capítulos da serie inspirados neste mesmo libro de relatos son: "Roque das Goás", "Hermelinda da Ponte", "Novo de Parmuide", "Padín de Carracedo", "O verdugo".

"O incerto señor Cunqueiro

"O cinematógrafo"

The Kinematograph [SUB/ESPAÑOL] from Estudio Crayon on Vimeo.

Esta curta polaca está inspirada no cómic homónimo de Mateusz Skutnik. Conta a historia dun inventor, Francis, que persegue e realiza o seu soño, pero no camiño esquece o máis importante, a súa vida persoal.


luns, 20 de xaneiro de 2020

"Lendo certo período menstrual"



O poema "Lendo certo período menstrual" do poemario  de Celso Emilio Ferreiro: Cantigas de escarnio e maldecir (1968) musicado por SÉDIVA SONS. Outra versión musicada deste poema realizouna o grupo LUAR NA LUBRE