Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea e Alberto Torres poñenlle unha música contemporánea dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho.
luns, 28 de maio de 2018
"Remusicando cantigas de amigo"
Os alumnos de 2º de bacharelato Gonzalo Gómez, Ramón Vázquez, Alfonso Bea e Alberto Torres poñenlle unha música contemporánea dos Ramones e The White Stripres ás cantigas de amigo de Martín Codax e Mendinho.
luns, 21 de maio de 2018
xoves, 17 de maio de 2018
Compartámolas!
Estas palabriñas nun encerado do IES de Vilalonga no día de onte deixan constancia dunha pequena actividade que estaban a realizar os alumnos de 2º de ESO con citas dos libros de María Victoria Moreno. Neste caso, mentres os outros alumnos remataban a tarefa, un deles deixou esta cita no encerado ó chou e, sen querer, resume moi ben como a nosa lingua se non é para compartir cos demais non nos serve para nada.
Compartámola!
Compartámola aínda que cada nova xeira sexa un acto de rebeldía, posto que isto será o que nos fará únicos e diferentes, e singulares e instrasferibles nesta selva global que pretende devorar todas e cada unha das nosas diferenzas como se fosen pecados.
martes, 8 de maio de 2018
"O pensamento dominate"
MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO O pensamento dominante
Artigo de opinión publicado o 5 de maio de 2018 no Progreso
É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo.
QUE TIPO de mentalidade posúe o maxistrado que exerceu o voto particular na Audiencia de Navarra en relación ao caso coñecido como ‘La Manada’? A mentalidade, sirva esta definición, é unha forma de entender a existencia mediante ideas e conviccións persoais que actúan como fundamento da mentalidade mesma. Ou dito doutro xeito, e seguindo as palabras do antropólogo e xurista Jaime Richart, a mentalidade é un conxunto de ideas fundamentais que configura o pensamento dunha persoa, dunha colectividade ou dunha época. E ben se sabe que existe unha ideoloxía dominante que acaba por formar parte da paisaxe social con certa naturalidade e con certo marchamo corrente e aceptado.
O pensamento dominante na sociedade actual é de clara matriz patriarcal e proxecta unha mentalidade que incorpora a existencia dunha superioridade e autoridade do home sobre a muller tanto no sistema familiar como no espazo público, de xeito que se manifesta un dominio masculino institucionalizado sobre o corpo feminino, controlándoo e someténdoo a unha apropiación, sexa mediante imperativos pacíficos ou mediante o uso directo da violencia nas súas múltiples manifestacións.

É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo. Mais as relacións de dominio dun sexo sobre outro están sentenciadas. O androcentrismo non ten futuro. A forza e a lucidez das mulleres xa nos están marcando o camiño.
mércores, 2 de maio de 2018
"Negociar sexo por vida. Sexo sen consentimento é violación"


Ademais de escoitar o vídeo da socióloga e psicóloga social, Inés Hercoivich, paga pena ler aquí o artigo da xornalista Teresa Domínguez que se basea nel.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)