venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

Ilustración de Laura Romero

   ¡SILENCIO!
     A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
     sentindo cómo loitan
     en sin igual batalla
     A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
     sentindo cómo loitan
     en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
     e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
     rompendo a vena hinchada,
i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede
     ó mais fondo da ialma,
     tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
     ¿dónde quedóu velada?

Rosalía de Castro, Follas novas, 1880
 

martes, 20 de febreiro de 2024

Algunhas construcións pronominais en galego

DATIVO POSESIVO OU SIMPATÉTICO

 O DATIVO POSESIVO ou simpatético é un pronome en función de CI, que sinala unha relación de posesión, pero sen aludila directamente (referida a obxectos persoais, parentescto ou partes do corpo).

  • Tocouche nos pés (Tocouche os teus pés) 

  •  Colléronme as mans (Colleron a miñas mans)