A nosa proposta de SAMAÍN, seguindo o lema de non deixármonos invadir, precisa unha imaxe de catrina moi coloreada e unha palabra moi, moi galega, que resucites dalgún dicionario que teñas esquecido pola casa, dalgún en liña. Ou que che sexa transmitida por algún familiar achegado a ti. Aquí tedes a ligazón con catrinas para colorear e a dos dicionarios onde procurar as palabras: Dicionario da RAG, e Digalego.