mércores, 29 de outubro de 2025
martes, 28 de outubro de 2025
xoves, 23 de outubro de 2025
mércores, 22 de outubro de 2025
"A PARROQUIA DO ALÉN"
xoves, 16 de outubro de 2025
mércores, 15 de outubro de 2025
martes, 14 de outubro de 2025
"AY GAYEGO" LISDEXIA& AS FANFURRIÑAS (ACTIVIDADE de SOCIOLINGÜÍSTICA)
“Ay, gayego, que ben che queda o acento, que falas galego e non sabes que é galego…”
“Falaches galego toda a vida, pero pensas que falas castelán…”
Este fragmento da letra da canción xoga coa identidade lingüística e a conciencia sociolingüística, cun ton irónico e reivindicativo. A canción achega temas como: a invisibilización do galego na fala cotiá; a diglosia e o prexuízo lingüístico; o orgullo de falar galego sen complexos.
É unha sátira sociolingüística que xoga coa idea de falar galego sen recoñecelo como tal, algo que conecta directamente coa realidade da diglosia en Galicia. A canción denuncia: a perda de conciencia lingüística; a mestura entre galego e castelán como fenómeno naturalizado e o prexuízo cara ao galego como lingua “de aldeáns” ou “non culta", marcada polos prexuízos fonéticos da gheada e o seseo.
xoves, 9 de outubro de 2025
martes, 7 de outubro de 2025
xoves, 2 de outubro de 2025
HABELAS, HAINAS DIVERSAS! : MEIGAS, BRUXAS versus MOURAS, SEREAS e FADAS
A meiga na mitoloxía popular galega é sempre maléfica, pero, se cadra, estamos interpretando esta tradición cos ollos do pasado. Mentres ca os meigos son máis os magos, seres sabios que adoitan ter características máis positivas. Abundan tamén na nosa literatura popular as mouras (entre outros seres míticos). Temos tamén algunha serea e fada na nosa tradición oral.
Neste Samaín 2025 abriremos a porta a estes seres míticos propios da nosa tradición popular. Con esta tarefa queremos rescatar tamén a memoria daquelas mulleres reais, que foron acusadas inxustamente de bruxas, simplemente porque non se adaptaban ó que se esperaba do seu rol de xénero na súa época. Como as que podemos atopar en Meigas, Feitizos das Menciñeiras.
martes, 30 de setembro de 2025
"CON BARQUEIRA E REMADOR 2025"
Yolanda Castaño, alma mater deste evento, obtivo o Premio Nacional de Poesía en 2023 polo seu poemario Materia
xoves, 25 de setembro de 2025
Discurso de MALALA
Malala Yousafzai, a rapaza a quen os talibáns dispararon en 2012 por defender o dereito das nenas á educación, fala nas Nacións Unidas.
mércores, 24 de setembro de 2025
IRMÁS NA FALA Capítulo 1: Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira
'Irmás na Fala' é unha serie web de catro episodios sobre o papel das mulleres nas Irmandades Fala, o movemento fundado na Coruña no ano 1916 que abriu un novo tempo para a defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político.A través de catro episodios que suman uns 90 minutos de cinema documental, 'Irmás na Fala' pretende contribuír ao coñecemento e recoñecemento das 'irmandiñas' que abriron camiños de futuro para todas, poñendo o foco nas historias de Micaela Chao Maciñeira, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet.'Irmás na Fala' é unha serie producida pola Real Academia Galega co apoio do Concello da Coruña e realizada por Nós TV.
mércores, 17 de setembro de 2025
Preparación dun monólogo
- Lingua: galego
- Participación: parellas ou grupos de catro
- Duración: máxima 5 minutos / mínima 3 minutos (parella) e 5 minutos (grupo)
- Non poden conter ningún tipo de contido ofensivo ou discriminatorio
Obras literarias que podemos empregar para construír os nosos monólogos:
- "Cousas" de Castelao
- "Made in Galiza" de Séchu Sende
- "Instrucións para tomar café" de Manuel Núñez Singala
- "Longa lingua" de varios autores
martes, 16 de setembro de 2025
"Quererse ben" de MONDRA
Letra de quererse ben de Mondra





