Le o seguinte artigo titulado "Palabras ómnibus" do xornalista Francisco Ríos.
As PALABRAS BAÚL ou COMODÍN son termos xenéricos que se empregan en lugar doutros máis precisos. Para acadar a PRECISIÓN LÉXICA é importante fuxir delas, porque son utilizadas con sentidos tan distintos, que acaban por non significar nada concreto.
Por exemplo: os substantivos “cousa”, “tema”, "chisme", "problemática" e verbos como “facer”, “dicir”, “dar”, “haber”, “ter” forman parte desta listaxe, en certo sentido negra. A idea é que empreguemos as palabras dunha maneira precisa e adecuada ó contexto lingüístico,o que se se chama ADECUACIÓN LÉXICA.
Nos textos que elaboremos para as PAU debemos fuxir delas, ademais de evitar os castelanismos, os coloquialismos e os anglicismos, temos que procurar, en todo momento, unha variedade estándar ou culta.
LIGAZÓN Ó EXAME ABAU DE PALABRAS COMODÍN. (XULLO 2023)