luns, 16 de decembro de 2019

"HUMAN" Un documental que non podes deixar de ver.



Con testemuños humanos de todas as razas e condicións que van desde o máis estarrecedor ó máis tenro. E con impresionantes imaxes gravadas con drones que nos fan reflexionar sobre o sentido da vida do ser humano desde o máis profundo de calquera recuncho do noso planeta.

"Automóbil"



Curtametraxe de suspensa escrita e dirixida por Andrés Victorero.


domingo, 15 de decembro de 2019

Nova antoloxía da música galega contemporánea

Foto de Román Landín. Rock, pop, folk, rap, metal, trap, cadeleo, ska, trad, electrónica... 230 temas musicais do trinque e dos últimos anos en galego. 

https://open.spotify.com/playlist/4IpTHAJz0ZIomYjIOviWWL
Colectivo Galeguiza-T (Equipo de Normalización LIngüística do IES Neira Vilas).

Os 101 videoclips galegos que máis soaron no 2019

Cine en galego: "Arima" e "Longa noite"




Dúas películas rodadas en lingua galega abren e pechan o  NOVOS CINEMAS 04 deste ano en Pontevedra, haberá que ir pensando que "O que arde" abriu camiños que nos poden levar a termos unha presenza máis ampla nas salas de cine.

luns, 2 de decembro de 2019

xoves, 28 de novembro de 2019

"Ondas do mar de Vigo" na voz de AMARAL.



É un agasallo para min que AMARAL, un dos meus grupos fetiche, musique a cantiga "Ondas do mar de Vigo". Espero que tamén o sexa para vós.

Como soan as ONDAS DO MAR DE VIGO coa música do medievo.

xoves, 21 de novembro de 2019

Infografía: Uso do galego no mundo.


                                                                                                                   



As linguas no mundo


A que nos soa este discurso?

Este é un anaco do discurso de Yalitza Aparicio, a mexicana nominada ó Óscar pola súa interpretación na película Roma de Alfonso Cuarón, pronunciado na sede cultural das Nacións Unidas. 


"Na miña comunidade esas linguas perdéronse porque se consideraba que falalas te convertía nunha persoa menos capaz". Está a referirse ás linguas mixtecas, unhas das 67 linguas de México.


martes, 12 de novembro de 2019

"Na universidade en galego, sen prexuízos"


CALENDARIO PARA ANALIZAR DISTINTOS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS.

Funcións sociais da lingua.


Prexuízos lingüísticos na mocidade.

"ANTIprexuízos lingüísticos"


 Por moito que as profes esteamos aí dicindo que non pasa nada por falar galego, que hoxe en día non é coma antes, podes ser monolingüe as vintecatro horas sen problemas, a pouco que nos paramos a explicar isto, xa lles poñemos ó alumnado exemplos  dos que nos acontecen a nós, que son pequenas pedriñas que aínda nos atopamos no camiño cara á normalización. Por iso é importante escoitalos a eles, a eses alumnos galegofalantes, que andan a pulular polas nosas aulas, ás veces con menos éxito na materia do que nos gustaría ás profes, porque a eles o do estándar sempre lles vai custar un pouquiño máis ca ós demais, posto que eles  xa o traen un galego de serie. De aí que este vídeo do meu alumno de 2º bacharelato, Roberto Trigo, é unha pequena homenaxe para tod@s el@s por resistir esa presión lingüística, algo que non é doado para ninguén e, por suposto,  éo menos para un adolescente que está na súa etapa de formación e anda a buscar o seu lugar no mudo.



Parabéns para todos e cada un dos que pasaron  polas miñas aulas!

mércores, 25 de setembro de 2019

O alumnado que non coñece CANTOS NA MARÉ, coñecerá.

Dúas das convidadas deste ano a CANTOS NA MARÉ. 

 MAYRA ANDRADE chegada desde Cabo Verde.


 

BIA FERRREIRA, representante este ano do Brasil.



Podes consultar o resto do cartel deste ano na páxina de CANTOS NA MARÉ.

luns, 23 de setembro de 2019

"O perigo de UNHA SOA HISTORIA"



 É curioso como escoitando a historia desta escritora nixeriana calquera galego se pode sentir identificado. CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE achéganos ós nosos estereotipos de todo tipo, lidos na literatura e aprendidos na cultura cinematográfica, moitas veces allea a nós, e que non nos reconforta porque non é aquela coa que  podemos sentirnos identificados. Así mesmo, advírtenos dos perigos da tan a miúdo empregada simplificación sobre os distintos pobos e etnias do mundo. 

 E non sei moi ben por que, vénme a memoria aquela frase: " Todos al tren, gallegos también"

Fai o teu vídeo sobre as lecturas voluntarias.


Este entretemento videoliterario: como ser un booktuber? é ideal para as nosas lecturas optativas. Será por anglicismos, tras este escóndense rapazada á que lle gusta a literatura.
                                                      "Booktubers". Os novos críticos?

Resultado de imaxes para booktubers




Simplemente tes que achegar o teu vídeo no que comentes aspectos da novela que liches, sobre  o argumento, os personaxes, o tempo, o espazo e o narrador. Engadindo sempre o teu xuízo persoal sobre o que che gustou ou non, para que a túa recomendación sexa de axuda ós posibles lectores e lectoras desa obra.


Aquí vos queda un exemplo dun dos máis famosos, o Coleccionista de Mundos, facendo unha recensión de "Made in Galiza" de Séchu Sende.



luns, 17 de xuño de 2019

Enquisas de convivencia e merendola

ENQUISA PARA TODO O ALUMNADO

Ver las imágenes de origen https://docs.google.com/forms/d/1y-NFT2fl8-52m_VWP728I87NBCWZ9cfSYnFbJYI2fXg/viewform?chromeless=1&edit_requested=true 


Ver las imágenes de origen
ENQUISA SÓ PARA O ALUMNADO DE EQUIPOS DE AXUDA E TAMÉN MERENDOLA SORPRESA


xoves, 13 de xuño de 2019

"Heterofobia"




"Mundo ao contrario" é o título que ten na súa tradución ó portugués esta curtametraxe, na que se ficciona un mundo onde o normal é ser homosexual e ser heterosexual é unha aberración.

Esta é unha historia contada por unha rapaza que descobre a súa condición sexual e ten que loitar contra unha sociedade, chea de preconceptos sobre a sexualidade. Non atopa, por degraza, ningún apoio, nin nos seus amigos, nin no seu entorno familiar para superar todos estes prexuízos, que finalmente a destrúen.

luns, 10 de xuño de 2019

"Guapa", non te deixes controlar por ninguén.



E seguimos dando pasos atrás. Xa vai sendo hora de que nos vexamos "guapas", sen ter que vérmonos a través dos ollos de alguén. 


Guapa from Barezi on Vimeo.

Reactualizamos esta entrada con esta  curtametraxe para reflexionar sobre o maltrato sutil, unha vez máis.

"Conversa coa muller rota"

"Todos teriamos que ser feministas"


Non é a primeira vez que traemos a este blog as palabras da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie para falar de estereotipos, neste caso sobre os de xénero. 

O seu libro, Todos teriamos que ser feministas, publicado agora en galego, resume  a conferencia que podemos escoitar a continuación e fálanos con moito humor de todos aqueles micromachismos e machismos con palabras maiúsculas cos que ten que lidiar a muller do século XXI. 


Fai o teu propio test machista con este vídeo.



Este vídeo, elaborado coa documentación do Ministerio de Traballo e Asuntos Socias en colaboración coa Fundación Mujeres na súa campaña de Par en Par, serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres. 




Trátase da campaña deste ano do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). O vídeo aproveita as ilustracións do cómic de   Neus Nebón (textos) e Tania Acuña (ilustracións) de par… en par, que foi publicado en 2006.

Clica aquí e obterás máis información.

Na violencia de xénero non hai unha soa vítima

"Cedeira"


 “CEDEIRA” 
 Os egos da revolución visten roupa cinguida,
 escalas en modo maior copan todos os shows. 
Describen un mundo invisible partido por catro, 
 prometen que os demos e os anxos son da mesma cor. 
 Aquí o reduto é diverso, non hai etiquetas; 
 se cadra, diría Pedreira, o da xubilación,
 poder deitarse e deixar que a vida te agache, 
 e nós en silencio escoitando este noso son.
 Imos tan xuntiñas pola beira da canción, prenden candeas, 
rompen as ondas. Imos devagar paseando en plural,
 calma e serena que medre a area e o mar. 
 O norte equipara a beleza coa melancolía 
 o norte é poema en si mesmo, é perfume e canción. 
 Que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira, 
 na praia de Rinlo, en Cuba, ou mesmo en Cedeira.  
Deixarse levar pola luz que desmonta as ideas, 
 tratar polo miúdo as cadeas, pensar que ser libre e ser máis. 
 Vivir asubiando amodiño a nosa habaneira, 
 deixarse levar pola luz que desmonta as ideas, 
 que poidas cantar ou lembrar esta suave habaneira....

Cereais, patacas e legumes para completar

martes, 21 de maio de 2019

"Ian" e "Binta e a gran idea"


Resultado de imagen de campeones película cartel
Esta curtametraxe baseada na historia real dun neno arxentino de 10 anos con parálise cerebral, que afecta á súa mobilidade e a súa linguaxe, fálanos de inclusión. 


Ó igual que o facía a película "Campións", que tamén está inspirada na historia do equipo de baloncesto  Aderes Burjassot, formado por persoas con discapacidade intelectual e que gañou entre os anos 1999 e 2014  doce campionatos de España. 

O discurso dun dos seus actores nos Goya deste ano, ó gañar o Goya ó mellor actor revelación, quedará gravado  na nosa memoria para sempre como exemplo de superación persoal.



Outra curtametraxe do director de "Campións", Javier Fesser, é "Binta e a gran idea".

luns, 22 de abril de 2019

"Primavera"


Spring - Blender Open Movie from Blender Animation Studio on Vimeo.



Dúas curtas moi distintas para realizar unha actividade chamada MEMORIAS, na que se vos pide que escribades nunha folla unha situación que a miúdo recordes como algo que marcou a túa vida. Tamen hai a posibilidade de que sexa unha anécdota divertida ou vergoñenta, ou algo do que esteas moi orgullos@ e satisteit@.

A continuación faremos unha posta en común destas anécdotas.

xoves, 11 de abril de 2019

A colocación dos pronomes átonos

Prerrexurdimento. Os precursores do Rexurdimento





"Lingua proletaria" versus "Lingua propietaria"

Foto de Manuel Forcadela.
Versión bilingüe e satírica do poema  "Deitado frente ao mar...Lingua proletaria do meu pobo" de Celso Emilio Ferreiro das poetas AldaoLado (María Lado e Lucía Aldao).




Versión rapeira deste mesmo poema do grupo
DIOS KE TE CREW.



Versión d´OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, os representantes do rock bravú.

"Longa noite de pedra." Versións musicadas.



Versión musicada do poema de Celso Emilio Ferreiro polo grupo ASTAROT (Sexto traballo deste grupo publicado no 2005 co mesmo nome que o poemario)




Versión musicada polo grupo ARREDEMO do mesmo poema. (Adaptación do poema de Celso Emilio Ferreiro publicada polos Arredemo no seu "Nin sequera a choiva" do 2007)

luns, 1 de abril de 2019

Aprendemos vocabulario.



Traballamos o léxico dos ANIMAIS.

"O circo das borboletas"



Esta curtametraxe esta protagonizada por Nick Vujicic, actor español que non posúe nin brazos, nin pernas. Esta curta sobre a superación, fainos ver que a pesar das dificultades todos somos capaces de sobrepoñernos a todo tipo de adversidades.

domingo, 31 de marzo de 2019

"Melancolía"

O grupo de rap galego Dios ke te Crew, que volveu aos escenarios recentemente tras varios anos lonxe dos escenarios, vén de estrear o seu videoclip Melancolía, que é o segundo vídeo-sinxelo de adiantto d' O ciclo da Serpe, o vindeiro Lp deste grupo.

Este vídeo foi gravado na Mariña, concretamente en Barreiros e Ribadeo. A rodaxe dirixiuna Xaime Miranda.

Orgullosos do noso con Ana Peleteiro

Foto de Non vou dar explicacións por falar en galego.

domingo, 24 de marzo de 2019

Sés no Sánchez Cantón




O vindeiro xoves, 28 de marzo, ás 17:30, virá ao Sánchez Cantón  Sés. Vai ser entrevistada no paraninfo para o programa radiofónico "Cántamo en galego" de Onda Cero.

xoves, 21 de marzo de 2019

Sempre nos quedará Shin Chan

DEBATEremos sobre as novas manifestacións do fascismo.



ASÍ SON OS VOTANTES DE ULTRADEREITA

A postura a favor será a que comece o debate. As quendas de participación dos equipos durante os debates seguirán esta orde:
 ● AF (A favor) Exposición inicial: 5 minutos
 ● EC (En contra) Exposición inicial: 5 minutos 
● AF Refutación: 5 minutos 
● EC Refutación: 5 minutos 
● AF Refutación: 5 minutos 
● EC Refutación: 5 minutos. 
● EC Conclusións: 3 minutos 
● AF Conclusións: 3 minutos. 
O tempo indicado é o máximo que se pode utilizar en cada intervención pero non será imprescindible esgotalo. A duración total máxima de cada debate será 36 minutos. 

Os membros do equipo de debate retrucante, oradores ou investigadores, poderán interpelar a persoa que estea no uso da palabra para facer preguntas, observacións ou comentarios. Para iso deberá erguer a man unicamente quen vaia preguntar e agardar a autorización da persoa que está intervindocoa única excepción de precisar facer unha breve puntualización á resposta que o/a orador/a estea a dar á pregunta formulada previamente; de ser o caso o xurado valorará se é unha puntualización acaída e respectuosa co/a contrario/a ou se simplemente hai afán de interromper a persoa oradora. Estas interpelacións só poderán facerse nas quendas de refutación, non nas exposicións iniciais nin nas conclusións nin tampouco no último minuto da intervención do/a refutador/a, denominado “minuto protexido”. Cada interpelación non poderá durar máis de quince segundos. A persoa oradora–refutadora contará con liberdade para conceder a palabra e para responder ou non, malia que o xurado terá en conta tanto a oportunidade da pregunta como a xestión da resposta. O cronómetro non se parará, así que, tanto a interpelación como a resposta contarán como tempo de intervención do/a orador/a.

Durante as intervencións, os equipos poderán apoiar as súas exposicións co material que considerenacaído e que se axuste ás dispoñibilidades da sala, que serán comunicadas con antelación. O tempo utilizado no manexo deste material ilustrativo ou de apoio –presentacións, imaxes, gráficos, proxeccións, vídeos etc.- contará como tempo de intervención. O xurado valorará este apoio en función a súa pertinencia ou adecuación ao tema e ás teses que se defenden.

Asemade, as persoas oradoras poderán recibir apoio do resto do equipo en forma de notas que os  compoñentes lles acheguen ao atril. Nin o xurado nin o público asistente poderá facilitar información aos equipos que estean intervindo durante o debate.

CRONÓMETRO EN LIÑA

 

Imos ver algúns exemplos de club de debate para irmos organizando o noso. 

luns, 11 de marzo de 2019

nAmorando

nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

Este microdocumental compila unha serie de mitos e crenzas, en ocasións  erróneas, sobre o amor romántico e as relacións de parella en xeral. A importancia deste testemuño radica en que é o alumnado de 4º de ESO dos colexios públicos de Pontevedra no 2014 o que nos traslada as súas ideas sobre estes temas.

domingo, 17 de febreiro de 2019

Concursos: RAG-PUNTO.GAL e COCA-COLA





Aínda estás á tempo de inscribirte na 11ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto!  
Fin do prazo de inscrición: 28 de febreiro  
Proba escrita: 15 de marzo pola mañá

Aínda non te inscribiches na 11ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto? Os centros escolares teñen ata o próximo 28 de febreiro para inscribir o seu alumnado para que participe no concurso. Se es profesora ou profesor de Lingua e Literatura cubre o formulario de inscrición do teu alumnado (lembra que son 2 por cada clase de 2.º de ESO) .  

Para formalizar a inscrición no concurso é necesario que nos envíen por correo electrónico a folla de inscrición das dúas alumnas ou alumnos por clase seleccionados, xunto co seu DNI e o DNI da súa nai/pai ou titora/titor legal.  


O enderezo de envío da documentación é: eecgrueiro@eu.ccip.com  

xoves, 14 de febreiro de 2019

"A ponte de Brooklyn" por Luís Seoane

A PONTE DE BROOKLYN
Derradeiro terzo do século XIX (1870 -1883)

Necesitábanse pra traballar homes rexos
na ponte de Brooklyn. Con unha soldada
de sete dólares por dúas horas de carrexos
de entullos. Soio dúas horas cada xornada
no interior dunha campá de ferro, asentada 
no fundo lamento do río, con ar comprimido 
arredando entrase a iauga na cavada.
A ponte facía Brooklyn a Manhattan cinguido.

Pasábamos pola cámara de comprensión
denantes de entrar na campá de ferro, vaseira
onde despechaban as chaves do ar. Centilación
que facía doer os ouvidos naquela rateira,
que tapábamos pra que non estoupasen coa estraleira,
coma a moitos aconteceulles e coa presión do ar.
A campá era enorme, nescesaria coma buqueira
pra poder os cimentos do ponte de Brooklyn escavar.

Traballábamos silenzosos, espidos deica os cos 
coas pas, as eixadas e coas picarañas, amuados,
gotexando suor, escorrendo na lama, nos terrós,
caíndonos na iauga xiada do río, enlameirados. 
A door facíanos estoura-las testas, mais esmacelados 
axuntábamos moreas de terra, de area, de pedras. 
Folgábamos cada dez minutos, e voltábamos ousados
ao traballo pra ponte de Brooklyn, sen arredras.

Podíamos ficar pra sempre tolleitos e tamén morrer
coma aconteceulle no noso equipo ao compañeiro 
escocés Kirkland sin que o poidésemos acorrer. 
Foi cando saíu depresa ó deixar a campá dianteiro. 
Caíu logo no chan. Estoreceuse nun marterio, 
engruñouse, rebulindo corpo, pernas e brazos, 
alagándose en escumas e sangue. O extranxeiro 
deixou na ponte de Brooklyn os derradeiros azos.

Resistín ese traballo vinte xornadas,
dúas horas cada día na campá encerrado.
Perdín o ouvido nos vinte días. Aosadas
ganei cento-corenta-dólares. Deixeino traballado
pola febre, polas doores, xordo, escuallado. 
Alguén dixo: ¡Ouh, cantos rexos emigrantes sofridos
fican pra sempre baixo as correntes deste río marelado,
pola grande ponte de Brooklyn, orgulo dos Estadoss Unidos!
Esta ponte de aceiro enlevado sobor de Nova York, 
ten millas de roscas, de parafusos, de aceiros.

Érguese sobor do xiado East River esta maior 
ponte, din, do mundo, construído por extranxeiros
emigrantes de Europa. Algús galegos senlleiros
traballamos nel. Un traballo, decían, ben pagado. 
Cento-corenta-dólares. Por uns días fumos buceiros
pra ponte de Brooklyn feito sobor do río abafado.

Un traballo que ninguén resistía un mes, 
moi ben pagado, disque, sete dólares a cotío,
unha grande soldada, sete dólares por ves,
se acadábamos esquiva-la convulsión, o arrepío
producido pola falta de ar, polo noxío
que podía facernos inúteles pra toda a vida. 
¡Era un grande traballo o traballo doentío
da ponte de Brooklyn, baixo a campá descida!

LUÍS SEOANE, Fardel de eisilado, 1952