Amosando publicacións coa etiqueta parodia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta parodia. Amosar todas as publicacións

martes, 7 de febreiro de 2023

UN VERDADEIRO ENTROIDO É SEMPRE IRREVERENTE


Ilustres irreverencias é unha páxina moi acaída para o tempo de Entroido, que sería moi do gusto dalgún dos personaxes parodiados.








"Adiós, fritos; adios, postres "


"Adios, fritos; adios, postres;
adiós, os pratos sen grelos;
adiós, vista dos meus mollos:
non sei cando nos veremos.
Miña freba, miña freba,
freba coa que me eu criei,
touciñiño que quero tanto,
pataquiñas que prantei,
xeados, fritos, larpeiras, 
flans que como a cento, 
untiños e licores, 
cociñiña do meu contento,
pinchiños dos bares, 
doces e cañas de vagar, 
montaña de filloas
da tixoliña do lar,
natilliñas con galletas 
que eu zampaba con ardor, 
chocolatiños con pan de millo, 
¡adios, para sempre adios!
¡Adios lorza! ¡Adios contento! 
¡Deixo a pasta que cocín, 
deixo a dieta que coñezo
por un mundo verduril!"

Rosalía de Castro ft. Conchi García


Despedimos os excesos do Nadal e xa nos achegamos ó Entroido con composicións burlescas como esta tan enxeñosa que se serve do "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.

martes, 24 de xaneiro de 2023

Parodia da última canción de Shakira: "Chaíñas coma ti"


Versión da Canción de Shakira e Bizarrap (BZRP) da music Session #53. Neste caso temos a Iago Gordillo como Shakira, Lorena Amigo como Bizarrap e coa tradución e adaptación do @amilgz. Casio facemos en menos dun día así que non teñades en conta que isto esté un pouco Twingo.


xoves, 7 de marzo de 2019

"Malaxente" e "Rexurdimente"

 De Rosalía para ROSALÍA DE CASTRO.





 A canción "Malamente" de Rosalía dá para moitas parodias aproveitables todas para os versos rosalianos e o noso Rexurdimento literario.

martes, 22 de xaneiro de 2019

A parodia musical

Os galegos dásenos moi ben a parodia, podémolo observar sen termos que nos remontar os exemplos medievais que poden aparecer nas cantigas de seguir, e tirando de exemplos actuais. Grupos como DE VACAS con Son eu ou Amodiño e PÁRAMO PICTURES co seu "Alcolitos" son bos exemplos disto.

Exemplos de alumnado de distintos institutos, como os videoclips realizados polo alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón e o CPI de Dodro.


Outras letras parodiando éxitos musicais elaboradas por alumnado son as seguintes: 


UN BERRO A GALICIA (PARODIA DE "UN CANTO A GALICIA" DE JULIO IGLESIAS"

 Eu non te quero tanto,
 demo dos números vaite marchando.
 Paso de estar estudando,
 prefiro quedar fóra xogando.

 Un berro a Galica, hei,
 un berro contra escola.
Un berro a Galicia, hei,
estudar non me mola.

 Teño morriña de durmire,
 na cadeira do cole non quero estare.
 Eu non me quero levantare,
 ata o sono acabare.

SACHANDO (PARODIA DE BAILANDO DE ENRIQUE IGLESIAS) Esta tamén foi parodiada por Páramo Pictures como "Soplando"


Eu véxote co sacho e  alégraseme o corazón
cando ti me miras traballo como un cabrón
(sempre como un cabrón)
e o teu sacho na terra fai marabillas
na leira na que che suplico que non soltes  o leghón
sachando (sachando) Sachando (sachandooo)
o leghón e o rastrillo movidos por min
sachando e arando (sachando e arando)
o olor deste estrume está enchendo
vaime cansando
co teu sacho e o meu, tamén o tractor
o arado e a fresa e o monocultor
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)
habendo este solpor, o maquinillo, o desbrozador
co teu solfatador, todo isto é matador
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)

Eu quero sachar contigo, arar contigo
fresar contigo, ter contigo
unha fresa tola (unha fresa tola)
 e sacharte toda (e sacharte toda)
con tremenda loba

Aaaah, aaah, aaash, aaaah
ti mírasme e lévasme a outra leira
(estou noutra leira)
os teus berros aceleran o meu corazón
(os teus berros aceleran o meu corazón)
que ironía do destino non poder parar
e sentir nos brazos a circulación
sachando (sachando) Sachando (sachandooo)
o leghón e o rastrillo movidos por min
sachando e arando (sachando e arando)
o olor deste estrume está enchendo
vaime cansando
co teu sacho e o meu, tamén o tractor
co teu solfatador, todo isto é matador
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)
habendo este solpor, o maquinillo, o desbrozador
co teu solfatador, todo isto é matador
xa non podo máis (xa non podo máis)
xa non podo máis (xa non podo máis)

Eu quero sachar contigo, arar contigo
fresar contigo, ter contigo
unha fresa tola (unha fresa tola)
 e sacharte toda (e sacharte toda)
Eu quero sachar contigo, arar contigo
fresar contigo, ter contigo
unha fresa tola (unha fresa tola)
 e sacharte toda (e sacharte toda)
con tremenda loba

Aaaah, aaah, aaash, aaaah
sachando amor
sachando amor
e que se me vén a suor.

domingo, 29 de novembro de 2015

O noso Nespresso é "DEPUCHEIRO"



En Páramo Pictures seguen co seu particular humor, e despois de "Vou estalar"(O Gagnam Style galego), "Bertolina" (A Adrenalina galega), "Ferti món"(O Wrecking Ball galego), "A pale tilla"(parodia de Noche y Día) e "Chandaleí"(O Chandalier galego) chegan con "Depucheiro", parodiando o famoso «what else» de  George Clooney pola máis pura fala popular: «caser».