xoves, 25 de xaneiro de 2024
venres, 19 de xaneiro de 2024
martes, 16 de xaneiro de 2024
martes, 2 de xaneiro de 2024
ECOLINGÜISMO O GALEGO É O NOSO MEDIO NATURAL
Como na escola nos ensinaron a identificar unidade política europea con idioma nacional (“para España o español, para Italia o italiano, para Francia o francés, etc.”), o multilingüismo segue a ser unha realidade pouco explorada, considerado como un problema que precisa solución en lugar dunha riqueza da que gabarse. Pero o monolingüismo non é a realidade normal, nin sequera é unha realidade desexable, inevitable ou suficiente. Fóra dese reducionismo escolar, na maioría das rexións do mundo os individuos desenvolven as súas vidas mediante o uso de varias linguas.
As contas saen de xeito ben doado: temos unhas seis mil linguas e uns
douscentos cincuenta estados ou territorios independentes; xa que logo, as
linguas teñen que solaparse, compartir territorios e mesmo instalarse á vez nas
mentes dos individuos. E o reparto non é equitativo e resiste a calquera
análise simplificadora. De entrada hai linguas que gozan de excelente estado de
saúde. (...) No outro extremo, a maior parte das linguas da humanidade
subsisten en precario: sen posibilidade de acceder aos grandes modelos de
prestixio simbólico, sen presenza efectiva nos medios de comunicación, na
ciencia ou na arte, as máis das veces mesmo sen existencia por escrito. Como
calquera outro reparto de riqueza, o das linguas é problemático pola parte que
a todos nos toca de culpabilidade no asunto.
Teresa Moure, 2003.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)