martes, 27 de novembro de 2018
luns, 26 de novembro de 2018
domingo, 25 de novembro de 2018
Materias para traballar o 25N nas clases.
"O neno suicida", o Benjamin Button de Rafael Dieste
Rafael Dieste recrea no seu relato "O neno suicida" a mesma historia escrita polo escritor estadounidense Soctt Fitzgeral en "The curious case of Benjamin Button". Unha narración onde a vida do protagonista comeza de ancián e remata de neno. Estas coincidencias poderían deberse a que beben doutros relatos xa existentes, aínda que é ben certo que a de Fitzgeral foi publicada catro anos antes cá do rianxeiro, tamén outros escritores como Aleixo Carpentier escribiron historias que ían contra o sentido das agullas do reloxo.
luns, 19 de novembro de 2018
domingo, 18 de novembro de 2018
Primeira estrea en Galicia d' "Os vellos non deben de namorarse"
Este é o cartel da estrea en Galicia d' Os vellos non deben de narmorarse de Castelao, que xa fora estreada en Bos Aires o 14 de agosto de 1941.
"A derradeira lección do mestre"
O noso patrimonio cultural vén a visitarnos.
Somos un pobo que recibe o seu propio patrimonio de visita. Xa sexa o Pergamiño Vindel, co que contamos este ano no Museo do Mar de Vigo ata o mes de marzo, xa sexa un dos cadros emblemáticos de Castelao, que viaxará neste caso por primeira vez a Galicia. Trátase dun oleo que se atopa na actualidade no Centro Galicia de Bos Aires e que formará parte dunha mostra sobre Castelao, que terá lugar no Museo Centro Gaiás no último trimestre deste ano e no primeiro do vindeiro ano.
Castelo pintou este cadro no ano 1945 na Arxentina, onde se exiliara despois da Guerra Civil. Esta obra recrea nun óleo de grandes dimensións unha estampa A derradeira lección de mestre, que debuxou para os dous primeiros álbums de guerra, Atila en Galicia e Galicia mártir en Valencia no ano 1937 antes do seu exilio definitivo.
O motivo do cadro é clásico, o lamento ante o corpo de Cristo, tranfórmase aquí na mágoa dos alumnos perante o cadáver do do mestre asasinado e convertido en mártir polo bando fascita. Lembremos o especial asañamento que sufriron os mestres neste momento histórico por se portadores das ideas progresistas. Non hai máis que lembrar as escenas finais d' O lapis do carpinteiro película.
Máis información sobre este tema tédela neste artigo de A. Vázquez-Monxardín.
"O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra"
Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega.
"Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega."
Para continuar a ler tes aquí a ligazón á páxina da RAG con esta información.
martes, 13 de novembro de 2018
luns, 12 de novembro de 2018
xoves, 8 de novembro de 2018
"O meu amigo Nietzsche"
"MEU AMIGO NIETZSCHE" é unha curtametraxe brasileira con moitos premios, na que se relata como un neno das favelas cambia a súa vida tras a lectura dunha obra do filósofo Nietzsche, "Así falou Zaratustra"
martes, 6 de novembro de 2018
"Os tempos están a cambiar" de Bob Dylan
Esta canción aparece citada nun capítulo da novela, O centro do labirinto, de Agustín Fernández Paz, quen lle ía dicir ó noso escritor que co paso dos anos este cantautor sería o primeiro premiado co Nóbel de Literatura no ano 2016.
Etiquetas:
2016,
Agustín Fernández Paz,
Bob Dylan,
literatura galega contemporánea,
literatura infantil e xuvenil,
música,
premio nobel de literatura,
vídeo
luns, 5 de novembro de 2018
"Zero" e " O swing do cambio"
Esta é outras 80 curtametraxes, como as que podemos atopar nesta ligazón, serven para traballar na aula os conceptos da discriminación, da desigualdade e dos prexuízos, entre outros.
"Cisnes reflectindo elefantes" de DALÍ
Cisnes reflectindo elefantes é un cadro de Dalí que tiña o protagonista d ' Unha estrela no vento de LEDICIA COSTAS colgado no seu cuarto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)