A comunicación e a linguaxe no blog HAS DE CANTAR!
A comunicación humana no blog LGALDBACH
Representación alfabética en braille
O himno galego na lingua de signos.
Cultura e linguaxe
Comunicación e funcións da linguaxe.
luns, 30 de setembro de 2019
domingo, 29 de setembro de 2019
mércores, 25 de setembro de 2019
O alumnado que non coñece CANTOS NA MARÉ, coñecerá.
Dúas das convidadas deste ano a CANTOS NA MARÉ.
MAYRA ANDRADE chegada desde Cabo Verde.
BIA FERRREIRA, representante este ano do Brasil.
Podes consultar o resto do cartel deste ano na páxina de CANTOS NA MARÉ.
luns, 23 de setembro de 2019
"O perigo de UNHA SOA HISTORIA"
É curioso como escoitando a historia desta escritora nixeriana calquera galego se pode sentir identificado. CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE achéganos ós nosos estereotipos de todo tipo, lidos na literatura e aprendidos na cultura cinematográfica, moitas veces allea a nós, e que non nos reconforta porque non é aquela coa que podemos sentirnos identificados. Así mesmo, advírtenos dos perigos da tan a miúdo empregada simplificación sobre os distintos pobos e etnias do mundo.
E non sei moi ben por que, vénme a memoria aquela frase: " Todos al tren, gallegos también"
Fai o teu vídeo sobre as lecturas voluntarias.
Simplemente tes que achegar o teu vídeo no que comentes aspectos da novela que liches, sobre o argumento, os personaxes, o tempo, o espazo e o narrador. Engadindo sempre o teu xuízo persoal sobre o que che gustou ou non, para que a túa recomendación sexa de axuda ós posibles lectores e lectoras desa obra.
Aquí vos queda un exemplo dun dos máis famosos, o Coleccionista de Mundos, facendo unha recensión de "Made in Galiza" de Séchu Sende.
domingo, 22 de setembro de 2019
luns, 16 de setembro de 2019
"O que arde" de Oliver Laxe chega ós nosos cines.
O que arde é unha película galega do 2019 dirixida por Oliver Laxe premiada no Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde gañou o premio do Xurado. Chegará ás nosas carteleiras o día 11 de outubro.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)