Amosando publicacións coa etiqueta prexuízo lingüístico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prexuízo lingüístico. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de outubro de 2025

"AY GAYEGO" LISDEXIA& AS FANFURRIÑAS (ACTIVIDADE de SOCIOLINGÜÍSTICA)

 
 Coa letra da canción “Ay Gayego” de Lisdexia & As Fanfurriñas, imos profundizar nos prexuízos lingüísticos.

“Ay, gayego, que ben che queda o acento, que falas galego e non sabes que é galego…”

“Falaches galego toda a vida, pero pensas que falas castelán…”

Este fragmento da letra da canción xoga coa identidade lingüística e a conciencia sociolingüística, cun ton irónico e reivindicativo. A canción achega temas como: a invisibilización do galego na fala cotiá; a diglosia e o prexuízo lingüístico; o orgullo de falar galego sen complexos.

É unha sátira sociolingüística que xoga coa idea de falar galego sen recoñecelo como tal, algo que conecta directamente coa realidade da diglosia en Galicia. A canción denuncia: a perda de conciencia lingüística; a mestura entre galego e castelán como fenómeno naturalizado e  o prexuízo cara ao galego como lingua “de aldeáns” ou “non culta", marcada polos prexuízos fonéticos da gheada e o seseo.

TAREFA: TRANSCRIBE TODA A LETRA E FAI UN TEXTO ARGUMENTATIVO RELACIONADO COA TEORÍA QUE ESTAMOS A ESTUDAR.

luns, 25 de novembro de 2019

Normalizar o uso da lingua galega é isto.


A cantante Sabela Ramil dános argumentos de sobra para loitar contra o prexuízo de que "o galego só o falan os nacionalistas ou bloqueiros", un dos moitos novos prexuízos cos que convive a nosa lingua a día de hoxe.

xoves, 21 de novembro de 2019

A que nos soa este discurso?

Este é un anaco do discurso de Yalitza Aparicio, a mexicana nominada ó Óscar pola súa interpretación na película Roma de Alfonso Cuarón, pronunciado na sede cultural das Nacións Unidas. 


"Na miña comunidade esas linguas perdéronse porque se consideraba que falalas te convertía nunha persoa menos capaz". Está a referirse ás linguas mixtecas, unhas das 67 linguas de México.


martes, 12 de novembro de 2019

"Na universidade en galego, sen prexuízos"


CALENDARIO PARA ANALIZAR DISTINTOS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS.

Funcións sociais da lingua.


Prexuízos lingüísticos na mocidade.

"ANTIprexuízos lingüísticos"


 Por moito que as profes esteamos aí dicindo que non pasa nada por falar galego, que hoxe en día non é coma antes, podes ser monolingüe as vintecatro horas sen problemas, a pouco que nos paramos a explicar isto, xa lles poñemos ó alumnado exemplos  dos que nos acontecen a nós, que son pequenas pedriñas que aínda nos atopamos no camiño cara á normalización. Por iso é importante escoitalos a eles, a eses alumnos galegofalantes, que andan a pulular polas nosas aulas, ás veces con menos éxito na materia do que nos gustaría ás profes, porque a eles o do estándar sempre lles vai custar un pouquiño máis ca ós demais, posto que eles  xa o traen un galego de serie. De aí que este vídeo do meu alumno de 2º bacharelato, Roberto Trigo, é unha pequena homenaxe para tod@s el@s por resistir esa presión lingüística, algo que non é doado para ninguén e, por suposto,  éo menos para un adolescente que está na súa etapa de formación e anda a buscar o seu lugar no mudo.



Parabéns para todos e cada un dos que pasaron  polas miñas aulas!

luns, 21 de xaneiro de 2019

"SC", o "Back Mirror" á galega



Co lema “ Cárgate de sentido común e asina”, A Mesa pola Normalización Lingüística pretende recoller como mínimo 10.000 sinaturas para o debate da ILP (Iniciativa lexislativa popular)  no Parlamento. 

Estas son algunhas das razóns polas que asinar a ILP para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico.  Para máis información visita a páxina:

xoves, 11 de xaneiro de 2018

Benvid@s a un 2018 sen prexuízos lingüísticos!


   Un ano máis a Universidade de Vigo realiza un calendario ex profeso para tratrar o tema dos prexuízos lingüísticos que sofre a lingua galega.
   O ano pasado foi o ilustrador Luis Davila o seu autor, este ano é Kiko da Silva.
.

   Nesta ligazón podes descargar un exemplar do teu calendario. Pero o máis importante que podes facer é converterte nun activista que rexeite, día a día, cada un dos diferentes prexuízos lingüísticos que afectan á nosa lingua para tentar acabar con eles dunha vez por todas.

sábado, 3 de xuño de 2017