Amosando publicacións coa etiqueta machismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta machismo. Amosar todas as publicacións

luns, 23 de novembro de 2020

25N de 2020 "A rolda da igualdade"



GUÍA DE ACTUACIÓN ANTE CASOS DE VIOLENCIA DE XÉNERO da Xunta de Galicia

luns, 10 de xuño de 2019

"Guapa", non te deixes controlar por ninguén.



E seguimos dando pasos atrás. Xa vai sendo hora de que nos vexamos "guapas", sen ter que vérmonos a través dos ollos de alguén. 


Guapa from Barezi on Vimeo.

Reactualizamos esta entrada con esta  curtametraxe para reflexionar sobre o maltrato sutil, unha vez máis.

"Conversa coa muller rota"

Fai o teu propio test machista con este vídeo.



Este vídeo, elaborado coa documentación do Ministerio de Traballo e Asuntos Socias en colaboración coa Fundación Mujeres na súa campaña de Par en Par, serve como test a todas esas condutas do día a día que forman parte da pirámide machista que remata na violencia contra as mulleres. 




Trátase da campaña deste ano do SAAMA (Servizo de Apoio e Atención contra o Machismo). O vídeo aproveita as ilustracións do cómic de   Neus Nebón (textos) e Tania Acuña (ilustracións) de par… en par, que foi publicado en 2006.

Clica aquí e obterás máis información.

Na violencia de xénero non hai unha soa vítima

xoves, 10 de xaneiro de 2019

"Contos de xénero"




Achegamos outro interesante recurso máis para traballar os estereotipos de xénero. As personaxes son: a muller (María), o home (Xosé) e a sociedade, os cales  representan unha pequena trama, onde aparecerán outros secundarios. 

Esta pequena historia sérvenos para repensar, unha vez máis, os roles que a sociedade escribe para os distintos xéneros, creando unhas ideas preconcebidas que se reproducen, unha e outra vez, nos distintos medios de comunicación.

Para afondar máis podemos ler este artigo: "O mito da beleza e a domesticación das nenas"

A publicidade máis machista da historia vista ó reves.



O fotográfo libanés, Eli Rezkallah, realizou unha compilación de publicade machista dos anos 50 e, literalmente, deulle a volta para visibilizar os prexuízos sexistas desa época e reflexionar sobre a forte pegada que deixou este tipo de publicidade nos nosos días.

luns, 5 de novembro de 2018

"Zero" e " O swing do cambio"



Esta é outras 80 curtametraxes, como as que podemos atopar nesta ligazón, serven para traballar na aula os conceptos da discriminación,  da desigualdade e dos prexuízos, entre outros.

martes, 8 de maio de 2018

"O pensamento dominate"



Miguel Anxo Fernán Vello

Artigo de opinión publicado o 5 de maio de 2018 no Progreso

É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo.
QUE TIPO de mentalidade posúe o maxistrado que exerceu o voto particular na Audiencia de Navarra en relación ao caso coñecido como ‘La Manada’? A mentalidade, sirva esta definición, é unha forma de entender a existencia mediante ideas e conviccións persoais que actúan como fundamento da mentalidade mesma. Ou dito doutro xeito, e seguindo as palabras do antropólogo e xurista Jaime Richart, a mentalidade é un conxunto de ideas fundamentais que configura o pensamento dunha persoa, dunha colectividade ou dunha época. E ben se sabe que existe unha ideoloxía dominante que acaba por formar parte da paisaxe social con certa naturalidade e con certo marchamo corrente e aceptado.
O pensamento dominante na sociedade actual é de clara matriz patriarcal e proxecta unha mentalidade que incorpora a existencia dunha superioridade e autoridade do home sobre a muller tanto no sistema familiar como no espazo público, de xeito que se manifesta un dominio masculino institucionalizado sobre o corpo feminino, controlándoo e someténdoo a unha apropiación, sexa mediante imperativos pacíficos ou mediante o uso directo da violencia nas súas múltiples manifestacións.
Cando o maxistrado do voto particular do Tribunal de Pamplona se dirixe á vítima da violación masiva manifestando e concluíndo que "en cualquier caso, daño, dolor durante ese episodio ha quedado claro que no sintió usted", vese aí con toda claridade como aflora a mentalidade e o pensamento patriarcal dominante, pois para este maxistrado a muller violada viviu unha situación, así o afirmou tamén tal xuíz, de "jolgorio y regocijo". Mais, independentemente de que a ONU denuncie que a sentenza de ‘La Manada’ subestima a gravidade da violación e de que 2.000 psicólogos demanden unha educación sexual que favoreza o cumprimento dos dereitos das mulleres, o certo é que o pensamento dominante ofrece aquí matices de sadismo no seu interior escuro e confuso, na mente dun xuíz que non ve como cinco machos se senten donos e señores na acción grupal sobre un ‘obxecto sexual’ disposto ao seu completo servizo.
É urxente, fronte ao pensamento patriarcal dominante, establecer un sistema educativo que eduque en feminismo e en igualdade. O camiño será longo. Mais as relacións de dominio dun sexo sobre outro están sentenciadas. O androcentrismo non ten futuro. A forza e a lucidez das mulleres xa nos están marcando o camiño.

mércores, 2 de maio de 2018

venres, 12 de xaneiro de 2018

"Principiñas e princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.


Se xa vimos o vídeo realizado cos testemuños dos rapaces de 4º de ESO, agora veremos "Principiñas e Princesiños",  que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.


Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"