Amosando publicacións coa etiqueta cine b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine b>. Amosar todas as publicacións
martes, 16 de decembro de 2025
martes, 26 de setembro de 2023
Discurso "O gran ditador"
O actor Charles Chaplin realiza na súa película "O gran ditador" un dos considerados mellores discursos da historia.
xoves, 10 de febreiro de 2022
SUBTITULANDO EN DESCONFINANDO
Actividade de tradución: DESCONFINANDO O GALEGO NO SÁNCHEZ
André Cancela, 2º Bach C e Jorge Alvariñas, 2º Bach B, subtitulando a Queen
Serie Society
Emilio Lois Ogando, 2º Bach B, subtitulando Foise co vento.
xoves, 21 de xaneiro de 2021
"A esmorga" no cine.
A esmorga ten dúas versións cinematográficas, unha máis actual, dirixida por Ignacio Villar no 2014 e outra de 1977, cuxo director foi Gonzalo Súarez, baseada na tradución ó castelán que fixo da súa obra o propio Blanco Amor, que leva por título Parranda.
sábado, 26 de setembro de 2020
Recensión da película "María Solinha"
Recensión da película de Ignacio Villar "María Solinha" polo Jato Kósmico.
mércores, 22 de xaneiro de 2020
"O cinematógrafo"
The Kinematograph [SUB/ESPAÑOL] from Estudio Crayon on Vimeo.
Esta curta polaca está inspirada no cómic homónimo de Mateusz Skutnik. Conta a historia dun inventor, Francis, que persegue e realiza o seu soño, pero no camiño esquece o máis importante, a súa vida persoal.
Esta curta polaca está inspirada no cómic homónimo de Mateusz Skutnik. Conta a historia dun inventor, Francis, que persegue e realiza o seu soño, pero no camiño esquece o máis importante, a súa vida persoal.
domingo, 15 de decembro de 2019
Cine en galego: "Arima" e "Longa noite"
Dúas películas rodadas en lingua galega abren e pechan o NOVOS CINEMAS 04 deste ano en Pontevedra, haberá que ir pensando que "O que arde" abriu camiños que nos poden levar a termos unha presenza máis ampla nas salas de cine.
luns, 16 de setembro de 2019
"O que arde" de Oliver Laxe chega ós nosos cines.
O que arde é unha película galega do 2019 dirixida por Oliver Laxe premiada no Festival Internacional de Cinema de Cannes, onde gañou o premio do Xurado. Chegará ás nosas carteleiras o día 11 de outubro.
luns, 21 de xaneiro de 2019
A ESCOITA ACTIVA
Exemplo de "escoita activa" nesta escena da película "Do revés"
Exemplo de "escoita non activa" en "Barrio Sésamo"
luns, 29 de outubro de 2018
"Frankenweenie" e "Vicent"
A lectura do texto Frankenstein lévanos a tratar as súas múltiples influencias no discurso cinematográfico, neste caso trátase da película de Tim Burton: Frankenweenie, que recrea unha versión xa feita por este director nunha curtametraxe anterior: Vicent.
luns, 8 de outubro de 2018
"Elisa e Marcela" no teatro e no cine.
A compañía teatral A PANADARÍA estreou "Elisa e Marcela" o 14 de outubro de 2017, inspirada na historia real de dúas mestras que casaron o 8 de xuño de 1901.
Este xoves 18 de outrubro estará en Ponteteatro 2018 esta representación teatral.
A cineasta Isabel Coixet rodou unha película inspirada nesta mesma historia real co título: "Elisa y Marcela", que se estreará no 2019.
luns, 4 de decembro de 2017
Concepción Arenal
CONCEPCIÓN ARENAL, A VISITADORA DE CÁRCERES é unha película do 2012 baseada na biografía desta ilustre ferrolá.
martes, 21 de novembro de 2017
Poemas musicados de Álvaro Cunqueiro.
Canción de Luis Emilio Batallán baseada nun poema de Álvaro Cunqueiro que leva por título "No niño novo do vento", regravada para a película Pradolongo, dirixida por Ignacio Vilar.
Ligazón para escoitar a versión musicada de "Nos ollos teus", outro poema neotrobadoresco de Álvaro Cunqueiro musicado neste caso por Miguel Alonso
Ligazón para escoitar a versión musicada de "Nos ollos teus", outro poema neotrobadoresco de Álvaro Cunqueiro musicado neste caso por Miguel Alonso
domingo, 28 de maio de 2017
luns, 8 de maio de 2017
"O concepto é o concepto"
Airbag
Galegos que poderían estar no manicomio "
Película Airbag.
Preparación da entrevista Manuel Manquiña
Galegos que poderían estar no manicomio "
Película Airbag.
Preparación da entrevista Manuel Manquiña
luns, 28 de novembro de 2016
A superprodución "Arrival" fala do Reino de Galiza
A película americana "Arrival", estes días nas nosas carteleiras de cine, cun orzamento de 47 millóns de dólares, preséntase como unha das grandes superproducións deste 2016 con posibilidades para gañar algún Óscar de Hollywood.
Nela, a protagonista do filme, Amy Adams, unha profesora universitaria de lingüística, refírese ao Reino da Galiza como a orixe da lingua portuguesa na Idade Media, Adams refirese a nós, xusto no momento inicial da película.
En concreto, Louis Banks (así se chama a profesora protagonista do filme) explica ós alumnos: "Hoxe imos falar do portugués e por que soa tan diferente das demais linguas romances. A historia do portugués tivo o seu inicio no Reino de Galiza, na Idade Media. Daquela a lingua considerábase unha expresión artística".
xoves, 30 de xuño de 2016
"In the crosswind"
IN THE CROSSWIND TIFF trailer (ENG) from Martti Helde on Vimeo.
Onte puiden ver esta película estonia prohibida en Rusia no recén estreado Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, NOVOS CINEMAS, que trata o holocausto estonio e emprega unha técnica narrativa moi curiosa, onde os personaxes fican estáticos e hieráticos a maior parte do filme, mentres que é a cámara a que se vai movendo entre eles nuns longos planos secuencias, acompañada dunha voz en off que nos narra a historia a través das cartas que a protagonista lle escribe ó seu home, unha vez que son obrigados a introducirse en distintos vagóns polos militares soviéticos e ela é enviada a un campo de concentración a Siberia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
