apuntes-gramatica-exercicio... by Sandra Barrientos Palacios
xoves, 26 de outubro de 2023
martes, 17 de outubro de 2023
XOGOS INTERACTIVOS sobre A MEMORIA DAS MULLERES
‘Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.
‘Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.
‘Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.
‘As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes temas.
Máis recursos da MEMORIA DAS MULLERES
domingo, 8 de outubro de 2023
OS CONECTORES TEXTUAIS
Os conectores son elementos que permiten relacionar parágrafos entre si e teñen distintos valores semánticos.
1. Comparativos: céntranse nalgún xénero de semellanza:
Do mesmo modo|xeito, da mesma maneira; igualmente; analogamente; paralelamente; ao mesmo tempo; asemade; tamén.
2. Aditivos: adicionan novos conceptos ou ideas.
E; ademais; tamén; alén d(iso); aínda máis; por riba; por máis; inclusive; até.
3. Opositivas: ideas contrastadas
A pesar de (todo); aínda así; mesmo así; aínda así; ora ben; de calquera maneira|forma|xeito; mais; pero; porén; todavía (en portugués); non obstante; en certo modo; por outro lado; doutra banda; se ben; até (un) certo punto; outramente; pola contra; á diferenza de.
4. Causativos-consecutivos: expresión de causa ou consecuencia.
Entón; daquela; en consecuencia; consecuentemente; xa que logo; por tanto; por iso; por ese motivo; por esa razón; por tanto; daquela; porque; pois (que).
5. Reiterativos, explicativos ou enfáticos: Certamente; vale a pena subliñar; convén incidir|insistir; convén|cómpre non esquecer; convén| cómpre ter presente; convén|cómpre salientar; sobre todo; principalmente; especialmente; convén|cómpre asinalar;
6. Exemplificadores: para ilustrar ideas ou conceptos expresados anteriormente.
Por exemplo; así; proba diso; noutras palabras; dito doutro xeito|doutra maneira;
7. Iniciais:
Para comezar(mos); en primeiro lugar; primeiro; inicialmente.
8. Disgresional:
A propósito**; convén|cómpre distinguir.
9. Temporais:
Despois; logo; a seguir; tal e como xa foi dito; como xa se indicou.
10. Feche do discurso:
Por último; en definitiva; en suma; finalmente; en resumo; para concluír(mos);
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)