Amosando publicacións coa etiqueta rap. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta rap. Amosar todas as publicacións

domingo, 15 de decembro de 2019

Nova antoloxía da música galega contemporánea

Foto de Román Landín. Rock, pop, folk, rap, metal, trap, cadeleo, ska, trad, electrónica... 230 temas musicais do trinque e dos últimos anos en galego. 

https://open.spotify.com/playlist/4IpTHAJz0ZIomYjIOviWWL
Colectivo Galeguiza-T (Equipo de Normalización LIngüística do IES Neira Vilas).

Os 101 videoclips galegos que máis soaron no 2019

xoves, 11 de abril de 2019

"Lingua proletaria" versus "Lingua propietaria"

Foto de Manuel Forcadela.
Versión bilingüe e satírica do poema  "Deitado frente ao mar...Lingua proletaria do meu pobo" de Celso Emilio Ferreiro das poetas AldaoLado (María Lado e Lucía Aldao).




Versión rapeira deste mesmo poema do grupo
DIOS KE TE CREW.



Versión d´OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, os representantes do rock bravú.

domingo, 31 de marzo de 2019

"Melancolía"

O grupo de rap galego Dios ke te Crew, que volveu aos escenarios recentemente tras varios anos lonxe dos escenarios, vén de estrear o seu videoclip Melancolía, que é o segundo vídeo-sinxelo de adiantto d' O ciclo da Serpe, o vindeiro Lp deste grupo.

Este vídeo foi gravado na Mariña, concretamente en Barreiros e Ribadeo. A rodaxe dirixiuna Xaime Miranda.