Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía de Castro 2024

Ilustración de Laura Romero

   ¡SILENCIO!
     A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
     sentindo cómo loitan
     en sin igual batalla
     A man nerviosa e palpitante o seo,
as niebras nos meus ollos condensadas,
con un mundo de dudas nos sentidos
i un mundo de tormentos nas entrañas,
     sentindo cómo loitan
     en sin igual batalla
inmortales deseios que atormentan
     e rencores que matan,
mollo na propia sangre a dura pruma
     rompendo a vena hinchada,
i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvede
     ó mais fondo da ialma,
     tempestosas imaxes!
¡Ide a morar cas mortas relembranzas!
¡Que a man tembrosa no papel só escriba
palabras, e palabras, e palabras!
Da idea a forma inmaculada e pura
     ¿dónde quedóu velada?

Rosalía de Castro, Follas novas, 1880
 

martes, 7 de febreiro de 2023

"Adiós, fritos; adios, postres "


"Adios, fritos; adios, postres;
adiós, os pratos sen grelos;
adiós, vista dos meus mollos:
non sei cando nos veremos.
Miña freba, miña freba,
freba coa que me eu criei,
touciñiño que quero tanto,
pataquiñas que prantei,
xeados, fritos, larpeiras, 
flans que como a cento, 
untiños e licores, 
cociñiña do meu contento,
pinchiños dos bares, 
doces e cañas de vagar, 
montaña de filloas
da tixoliña do lar,
natilliñas con galletas 
que eu zampaba con ardor, 
chocolatiños con pan de millo, 
¡adios, para sempre adios!
¡Adios lorza! ¡Adios contento! 
¡Deixo a pasta que cocín, 
deixo a dieta que coñezo
por un mundo verduril!"

Rosalía de Castro ft. Conchi García


Despedimos os excesos do Nadal e xa nos achegamos ó Entroido con composicións burlescas como esta tan enxeñosa que se serve do "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.

sábado, 26 de setembro de 2020

"De balde" de Sila Lúa


Sila Lúa, esta viguesa residente en Londres fai música electrónica urbana. Acaba de presentar o seu tema adaptando o poema "De balde" de Rosaía de Castro.

Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
se é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova…
Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!


xoves, 7 de marzo de 2019

"Malaxente" e "Rexurdimente"

 De Rosalía para ROSALÍA DE CASTRO.





 A canción "Malamente" de Rosalía dá para moitas parodias aproveitables todas para os versos rosalianos e o noso Rexurdimento literario.

luns, 18 de abril de 2016

"Do mar pola orela mireina pasar"

Poema que Curros Enríquez dedicou a Rosalía de Castro co motivo do seu pasamento interpretado por 2NAFRONTEIRA.




Comentario do poema nesta ligazón.