Amosando publicacións coa etiqueta galego antigo b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta galego antigo b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 17 de novembro de 2022
mércores, 27 de novembro de 2019
mércores, 16 de novembro de 2016
CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS DO GALEGO ANTIGO
Velaquí as principais características fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas e ortográficas do Galego Antigo.
FONOLOXÍA
— Presenza de vogais nasais, orixinadas pola perda dun -n- intervocálico: mão, bõo...
— Abundancia de hiatos pola caída de consoantes intervocálicas: veer...
— Sistema de sibilantes xordas e sonoras moi complexo:
• Grafías s- e -ss- que representaban un son igual ao noso s: saber, nosso...
• Grafía -s-, que representaba un s sonoro: casa...
• Grafía ç, que soaba ts: maçãa (mazá)...
• Grafía z, que se pronunciaba dz: dizer (dicir)...
• Grafía x, pronunciada igual que o noso x: leixar (deixar)...
• Grafías j, g, pronunciadas como un x sonoro: trager (traer)...
MORFOLOXÍA
— Ausencia de morfemas femininos para os substantivos rematados en -or: a senhor (a señora)...
— Pronome te para CD e CI: dar-te (darche)...
— Pronomes mesoclíticos: dar-te-ía (daríache)...
— Desinencias verbais diverxentes das do galego actual: fez (fixo), disse (dixo)...
— Tempos compostos con aver: avian mentado (mencionaran)...
— Participio en -udo para algúns verbos da 2.ª conxugación: perdudo (perdido)...
SINTAXE
— Uso do posesivo sen artigo: de seus milagres (dos seus milagres)...
— Anteposición do pronome átono: ele lho deu (el deullo)...
LÉXICO
— Presenza de préstamos do francés: dama, sage (sabio)...
— Presenza de préstamos do provenzal: assaz (bastante), trobador, prez (aparencia)...
— Palabras hoxe desaparecidas: filhar (aceptar), eire (onte), cras (mañá)...
ORTOGRAFÍA
— Moitas vacilacións gráficas: hauya, hauia (había)...
— Só signos de interrogación e admiración finais (?, !): Que me queres, amor?
— Uso do guión para separar verbos e pronomes átonos: dizede-me (dicídeme)
sábado, 12 de novembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
