Amosando publicacións coa etiqueta palabra comodín. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta palabra comodín. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de maio de 2025

PALABRAS BAÚL, COMODÍN OU TAMÉN CHAMADAS ÓMNIBUS

Le o seguinte artigo titulado "Palabras ómnibus" do xornalista Francisco Ríos.

As PALABRAS BAÚL ou COMODÍN son termos xenéricos que se empregan en lugar doutros máis precisos. Para acadar a PRECISIÓN LÉXICA  é importante fuxir delas, porque son utilizadas con sentidos tan distintos, que acaban por non significar nada concreto.

Por exemplo: os substantivos “cousa”, “tema”, "chisme", "problemática" e verbos como “facer”, “dicir”, “dar”, “haber”, “ter” forman parte desta listaxe, en certo sentido negra.  A idea é que empreguemos as palabras dunha maneira precisa e adecuada ó contexto lingüístico,o que se se chama ADECUACIÓN LÉXICA. 

Nos textos que elaboremos para as PAU debemos fuxir delas, ademais de evitar os castelanismos, os coloquialismos e os anglicismos, temos que procurar, en todo momento, unha variedade estándar ou culta. 

LIGAZÓN Ó EXAME ABAU DE PALABRAS COMODÍN. (XULLO 2023)