Amosando publicacións coa etiqueta normalización lingüística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta normalización lingüística. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de marzo de 2023

PODCAST con entrevista sobre os usos da lingua galega.

 

Ouça "Tropa do Clima coa lingua galega" no Spreaker. Entrevistas de Mariña Maceiras sobre os usos da lingua galega durante a xuntanza da Tropa do Clima, realizada entre o IES Sánchez Cantón e IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra. Entrevistados: Iván Puentes, concelleiro de medio ambiente, profesorado e alumnado do IES Frei Martín Sarmiento do bacharelato de artes.

martes, 9 de maio de 2017

"Atréveste a vivir a experiencia?"

Esta curtametraxe baséase nun capítulo da recoñecida "Black Mirror" na que se amosan situacións que os galegofalantes viven día a día por moi surrealistas que semellen.

A Mesa pola Normalización Lingüística inseriuna dentro da súa campaña para impulsar  a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para garantir os nosos dereitos lingüísticos no ámbito socieconómico. 


Máis información sobre a campaña Sentido Común.

xoves, 16 de febreiro de 2017

Os apelidos galegos castelanizados



Hoxe atopámonos con esta nova nos nosos xornais:

"A Real Academia Galega (RAG) editou un libro, Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalizaciónpara a normalización lingüística dos apelidos que ao longo do tempo foron derivando en formas distintas ao orixinal, e que recolle un total de 1.500 nomes que conforman cerca do 90 % dos apelidos da poboación na Comunidade autónoma."
                                             Diario de Pontevedra.

sábado, 16 de xaneiro de 2016