É un agasallo para min que AMARAL, un dos meus grupos fetiche, musique a cantiga "Ondas do mar de Vigo". Espero que tamén o sexa para vós. Como soan as ONDAS DO MAR DE VIGO coa música do medievo.
A cantante Sabela Ramil dános argumentos de sobra para loitar contra o prexuízo de que "o galego só o falan os nacionalistas ou bloqueiros", un dos moitos novos prexuízos cos que convive a nosa lingua a día de hoxe.
De q me soa isto? 🤔
“Estoy orgullosa de ser una mujer indígena, aunque me apena no haber tenido derecho a aprender mis lenguas. ***Mis padres creyeron que era la mejor manera de protegerme de la discriminación***”https://t.co/kJoumoIRhC
Este é un anaco do discurso de Yalitza Aparicio, a mexicana nominada ó Óscar pola súa interpretación na película Roma de Alfonso Cuarón, pronunciado na sede cultural das Nacións Unidas.
"Na miña comunidade esas linguas perdéronse porque se consideraba que falalas te convertía nunha persoa menos capaz". Está a referirse áslinguas mixtecas, unhas das 67 linguas de México.
Por moito que as profes esteamos aí dicindo que non pasa nada por falar galego, que hoxe en día non é coma antes, podes ser monolingüe as vintecatro horas sen problemas, a pouco que nos paramos a explicar isto, xa lles poñemos ó alumnado exemplos dos que nos acontecen a nós, que son pequenas pedriñas que aínda nos atopamos no camiño cara á normalización. Por iso é importante escoitalos a eles, a eses alumnos galegofalantes, que andan a pulular polas nosas aulas, ás veces con menos éxito na materia do que nos gustaría ás profes, porque a eles o do estándar sempre lles vai custar un pouquiño máis ca ós demais, posto que eles xa o traen un galego de serie. De aí que este vídeo do meu alumno de 2º bacharelato, Roberto Trigo, é unha pequena homenaxe para tod@s el@s por resistir esa presión lingüística, algo que non é doado para ninguén e, por suposto, éo menos para un adolescente que está na súa etapa de formación e anda a buscar o seu lugar no mudo.
Parabéns para todos e cada un dos que pasaron polas miñas aulas!