martes, 22 de decembro de 2020
3,4,5,6 pasos para falar o galego de...?
Nesta ligazón podemos atopar o resto dos vídeos desta interesante iniciativa, que nos achegan ás variedades dialectais ou xeográficas (dialectos) do noso galego.
mércores, 2 de decembro de 2020
luns, 30 de novembro de 2020
As Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala | Videoremix from Illa Bufarda on Vimeo.
"NÓS, SEMENTE DE FUTURO" (Documental sobre o Grupo Nós, no seu centenario"
luns, 23 de novembro de 2020
martes, 17 de novembro de 2020
luns, 16 de novembro de 2020
xoves, 12 de novembro de 2020
luns, 9 de novembro de 2020
domingo, 8 de novembro de 2020
xoves, 5 de novembro de 2020
mércores, 4 de novembro de 2020
luns, 2 de novembro de 2020
Centenario da revista Nós
Este ano a celebración do Samaín coincide co centenario da publicación do primeiro número da revista NÓS.
venres, 30 de outubro de 2020
mércores, 28 de outubro de 2020
martes, 27 de outubro de 2020
ORGULLO GALEGO, unha comunidade na rede
Graciñas por existires!
Orgullo Galego é a comunidade en galego máis grande da rede. Atención ó dato: son máis de 295 mil nas redes sociais! A equipa de Nós Televisión desvela quen está detrás da xestión deste proxecto que une a tantas persoas a través da nosa lingua. Polo orgullo galego na rede! 💙🤍
xoves, 22 de outubro de 2020
mércores, 21 de outubro de 2020
"O país dos nomes infinitos"
"Falamos da conservación da microtoponimia galega con Vicente Feijóo, coordinador do Galicia Nomeada e membro do Seminario de Onomástica da RAG, con Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística e con Xoán García Porral, coautor d' A paisaxe lendaria e toponímica do concello de Silleda canda o IES Pintor Colmeiro e o Museo do Pobo Galego."
martes, 13 de outubro de 2020
mércores, 30 de setembro de 2020
domingo, 27 de setembro de 2020
sábado, 26 de setembro de 2020
"De balde" de Sila Lúa
Sila Lúa, esta viguesa residente en Londres fai música electrónica urbana. Acaba de presentar o seu tema adaptando o poema "De balde" de Rosaía de Castro.
Cando me poñan o hábito,
si é que o levo;
cando me metan na caixa,
se é que a teño;
cando o responso me canten,
si hai con que pagarlle ós cregos,
e cando dentro da cova…
Que inda me leve San Pedro
se só ó pensalo non río
con unha risa dos deños!
Que enterrar, han de enterrarme
anque non lles den diñeiro!
Recensión da película "María Solinha"
Recensión da película de Ignacio Villar "María Solinha" polo Jato Kósmico.
domingo, 20 de setembro de 2020
sábado, 18 de xullo de 2020
The homens: "Verán sen fin"
Aquí podedes ver o último vídeo de The Homens: "Veran sen fin". Un título moi acaído para desconectar estes meses de vacacións.
venres, 26 de xuño de 2020
xoves, 25 de xuño de 2020
Narrativa de finais do S.XX e principios do XXI
Nesta canle chamada neeumatiko de Nee Barros Fernández podedes atopar todos os temas de literatura galega que entran nas ABAU.
mércores, 13 de maio de 2020
martes, 12 de maio de 2020
"María Siléncio" de Ricardo Carvalho Calero
"A minha embala" e "Fanny y Alexander" musicaron o poema "María Siléncio"
Ricardo Carballo Calero terá por fin o seu Día das Letras Galegas no 2020. Celebramos este feito co seu poema "María Siléncio" musicado.
Ricardo Carballo Calero terá por fin o seu Día das Letras Galegas no 2020. Celebramos este feito co seu poema "María Siléncio" musicado.
Un par de cuncas tamén realizou a musicalización deste fermoso poema.
Etiquetas:
Carvalho Ca,
Día das Galegas nas Letras,
Fanny y Alexander,
indie,
música contemporánea,
música en galego,
pop,
Ricardo Carballo Calero,
Un par de cuncas
luns, 11 de maio de 2020
Carvalho Caleno na Trabe de Ouro
Programa "A Trabe de Ouro'' presentado por Víctor Freixanes e emitido en 1987, enfocado na figura de Carvalho Calero. Conta coa participación tamén de F. Pillado e Fernán Vello.
mércores, 6 de maio de 2020
Sons da lusofonía na primavera 2020
luns, 4 de maio de 2020
OS MAIOS na poesía e na música galega.
POEMA "O MAIO" DE MANUEL CURROS ENRÍQUEZ, COMENTARIO NO GALEGO.EU
POEMA "MAIO LONGO...MAIO LONGO" DE ROSALÍA DE CASTO. LETRA E OUTRAS VERSIÓNS MUSICADAS.
UNHA RAÍZ CONXUNTA CON PORTUGAL. PARA SABER MÁIS: MAIOS E MAIAS EN PORTUGAL.
Etiquetas:
maias,
maios,
Manuel Curros Enríquez,
música contemporánea,
música en galego,
Pablo Milanés,
Portugal,
Rosalía de Castro,
Sondeseu,
Uxia. Luís Emilio Batallán
Aquí vén o maio 2020.
E chegou o día...... #aquívénomaio. Celebramos o Primeiro de Maio coa poesía reivindicativa de Curros Enríquez nas voces de Pablo Lesuit , FAIA, Eladio Santos, Narci Rodríguez, 𝗡𝗮𝗷𝗹𝗮 𝗦𝗵𝗮𝗺𝗶,Belém Tajes, Nastasia Zürcher, Leo Burke, Brais Morán, Yhadira, Xiana Lastra Pernas, Su Garrido Pombo e High Paw, con Adrián Saavedra - Produción Musical. Haberá mil primaveras máis!
Versión musicada do poema "O maio" de Manuel Curros Enríquez
Versión musicada do poema "O maio" de Manuel Curros Enríquez
venres, 1 de maio de 2020
Documental: "A viaxe de Ruth"
O documental coas fotos de Galicia de Ruth Matilda Anderson en GCiencia
A viaxe de Ruth" é un documental de Jaime Pardo e Xosé Reigosa cun guión de María Vázquez. Conta a historia da fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson e a súa viaxe a Galicia en 1924 xunta seu pai Alfred. É unha viaxe ó pasado, pero tamén é unha ollada ós cambios que sufriu Galicia nos últimos 100 anos.
xoves, 30 de abril de 2020
Comentario de "Peaxes" de Santiago Lopo por Lidia Barba
Temos aquí outra das lecturas do confinamento de LIDIA BARBA (4º ESO C), que nos deixa compartir publicamente este vídeo tan ilustrativo, no que explica temática, personaxes, tempo e espazo da novela "Peaxes" de Santiago Lopo dun xeito moi creativo.
mércores, 29 de abril de 2020
venres, 24 de abril de 2020
xoves, 23 de abril de 2020
"Anagnórise" comentada por Lidia Barba
A miña alumna de 4º de ESO, Lidia Barba, realiza uns vídeos moi chulos sobre as súas lecturas. Tanto é así, que quero compartilos convosco. Aquí vai o primeiro para celebrar o Día do Libro 2020.
luns, 20 de abril de 2020
mércores, 15 de abril de 2020
mércores, 8 de abril de 2020
venres, 3 de abril de 2020
mércores, 1 de abril de 2020
"Os difuntos falaban castealo"
Esta curtametraxe versiona o relato de Ánxel Fole pertencente á súa obra "Á lus do candil"
"A escola das areas"
"A escola das areas" é unha curtametraxe de animación dirixida por Tomás Conde e Virgina Curiá. Estreouse en 2002, co gallo de se lle dedicar o Día das Letras Galegas a frei Martiño Sarmiento (1695-1772).
Antoloxía VOCES NA LOITA COMÚN
Nesta antoloxía podedes ler as voces poéticas de Adolfina Mesa, Andrea Fernández Maneiro, Antonio García Teijeiro, Arancha Nogueira, Beatriz Dourado, Beatriz Maceda Abeleira, Carlos Da Aira, Eva Veiga, Iria Collazo López, Lourdes Maceiras, María José Fernández López, Miguel Díaz, Natalia González Gómez, Navia Rivas de Castro, Patricia Torrado Queiruga, Pepa Álvarez Gómez, Primitivo Oliva Fernández, Rochi Nóvoa Vázquez, Ximena Mariño e Xosé Otero Canto
E a da miña alumna de 3º de ESO, MARIÑA MACEIRAS.
martes, 24 de marzo de 2020
Adiviña o poema!
Desde AULAS GALEGAS, aproveitando que esta semana celebramos o día da poesía, propóñenvos distintas adiviñas poéticas.
domingo, 8 de marzo de 2020
xoves, 5 de marzo de 2020
luns, 2 de marzo de 2020
martes, 18 de febreiro de 2020
domingo, 16 de febreiro de 2020
mércores, 12 de febreiro de 2020
"Cousiñas de muller"
Vídeo realizado para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo no Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia.
Este vídeo denuncia o que Margaret W. Rossiter cualifica como “Efecto Matilda”: canto máis brillante é o traballo científico dunha muller, máis se agocha e despreza.
Rosa Motero publicou hai poucos días unha interesante columna no xornal, El país, explicando como Einstein obrigou a asinar un contrato humillante a súa primeira muller Mileva Maric para borrar as pegadas desta matemática e física serbia nos descubrimentos do Nobel.
Rosa Motero publicou hai poucos días unha interesante columna no xornal, El país, explicando como Einstein obrigou a asinar un contrato humillante a súa primeira muller Mileva Maric para borrar as pegadas desta matemática e física serbia nos descubrimentos do Nobel.
domingo, 9 de febreiro de 2020
Biografía de Eduardo Pondal ilustrada.
A biografía do noso poeta ilustrada en cinco minutos da man da Fundación Eduardo Pondal e Asubío Média. Unha produción que se traducirá a cinco idiomas para espallar o coñecemento da figura do noso escritor.
mércores, 5 de febreiro de 2020
domingo, 2 de febreiro de 2020
mércores, 29 de xaneiro de 2020
mércores, 22 de xaneiro de 2020
"Os outros feirantes" de Álvaro Cunqueiro
"A orella dereita de Antón Leivas" é o capítulo da serie da TVG "Os outros feirantes" baseada nas semblanzas de Álvaro Cunqueiro.
Outros capítulos da serie inspirados neste mesmo libro de relatos son: "Roque das Goás", "Hermelinda da Ponte", "Novo de Parmuide", "Padín de Carracedo", "O verdugo".
"O cinematógrafo"
The Kinematograph [SUB/ESPAÑOL] from Estudio Crayon on Vimeo.
Esta curta polaca está inspirada no cómic homónimo de Mateusz Skutnik. Conta a historia dun inventor, Francis, que persegue e realiza o seu soño, pero no camiño esquece o máis importante, a súa vida persoal.
Esta curta polaca está inspirada no cómic homónimo de Mateusz Skutnik. Conta a historia dun inventor, Francis, que persegue e realiza o seu soño, pero no camiño esquece o máis importante, a súa vida persoal.
luns, 20 de xaneiro de 2020
"Lendo certo período menstrual"
O poema "Lendo certo período menstrual" do poemario de Celso Emilio Ferreiro: Cantigas de escarnio e maldecir (1968) musicado por SÉDIVA SONS. Outra versión musicada deste poema realizouna o grupo LUAR NA LUBRE
domingo, 19 de xaneiro de 2020
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)