Amosando publicacións coa etiqueta caracteristicas lingüísticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta caracteristicas lingüísticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de marzo de 2016

Análise do galego medio no soneto de Joán Gómez Tonel

 Turbas corran as ágoas; poña luto
o aire denso, en merancoria tanta;
queime o fogo a terra, que sin pranta
negue ao fortuno ano seu trebuto,

mentras a Porcia do Filipo Bruto
en os ombros da fama sacrosanta
se irgue ao ceo, que súa groria canta
collendo en fror o ja maduro fruto,

Perdeu, marrando tan ditosa vida,
a humildá, preço; a piadade, tempro
(que derrubou, oh Morte, túa gadaña);
o mundo, Reina; o rei, súa Margarida;
a Fe, colúa; a Virtud, enxempro;
a pedra (cujo engaste foi), España.

Chore  nosa montaña,
do gando, leite e novidad espida,
semellando as abellas no enxempro.

Que si a súa Margarida,
Reina, preço, colúa, pedra, tempro,
perden Rei, Mundo, Fe, Virtud, España,
tu, que tal perda viche,
¡oh, magoada Galicia, ¿que perdiche?

ANÁLISE DAS CARACTERÍSTICAS LINGÜÍSTICAS:

Grafía: emprego da letra ‘ñ’ para representar o fonema nasal palatal sonoro (poña); utilización da letra ‘ç’ (preço); emprego do grafema ‘j’ (cujo). Fonoloxía: alteracións do vocalismo átono (ágoas, trebuto, piadade) e mesmo do tónico (irgue); confusión entre os fonemas líquidos /l/ e /r/ (merancoría, pranta, groria, tempro, enxempro). Morfosintaxe: utilización do posesivo sen artigo (seu trebuto, súa groria, túa gadaña, nosa montaña); non se realiza, polo menos non se representa, a contracción da preposición e o artigo (en os); formas castelanizantes (sin, mentras, si); segunda persoa do pronome persoal tónico suxeito ‘tu’; segunda persoa de singular do perfecto en ‘-che’ (viche, perdiche). Léxico: castelanismos (luto, fruto, humildá, virtud[e], novidad); vulgarismos (humildá, enxempro); pseudoevolucións (colúa < columna).