É curioso como escoitando a historia desta escritora nixeriana calquera galego se pode sentir identificado. CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE achéganos ós nosos estereotipos de todo tipo, lidos na literatura e aprendidos na cultura cinematográfica, moitas veces allea a nós, e que non nos reconforta porque non é aquela coa que podemos sentirnos identificados. Así mesmo, advírtenos dos perigos da tan a miúdo empregada simplificación sobre os distintos pobos e etnias do mundo.
E non sei moi ben por que, vénme a memoria aquela frase: " Todos al tren, gallegos también"
Non é a primeira vez que traemos a este blog as palabras da escritora nixeriana Chimamanda Ngozi Adichie para falar de estereotipos, neste caso sobre os de xénero. O seu libro, Todos teriamos que ser feministas, publicado agora en galego, resume a conferencia que podemos escoitar a continuación e fálanos con moito humor de todos aqueles micromachismos e machismos con palabras maiúsculas cos que ten que lidiar a muller do século XXI.