Amosando publicacións coa etiqueta discurso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta discurso. Amosar todas as publicacións

xoves, 25 de setembro de 2025

Discurso de MALALA


 

 Malala Yousafzai, a rapaza a quen os talibáns dispararon en 2012 por defender o dereito das nenas á educación, fala nas Nacións Unidas.

luns, 23 de setembro de 2019

"O perigo de UNHA SOA HISTORIA"



 É curioso como escoitando a historia desta escritora nixeriana calquera galego se pode sentir identificado. CHIMAMANDA NGOZI ADICHIE achéganos ós nosos estereotipos de todo tipo, lidos na literatura e aprendidos na cultura cinematográfica, moitas veces allea a nós, e que non nos reconforta porque non é aquela coa que  podemos sentirnos identificados. Así mesmo, advírtenos dos perigos da tan a miúdo empregada simplificación sobre os distintos pobos e etnias do mundo. 

 E non sei moi ben por que, vénme a memoria aquela frase: " Todos al tren, gallegos también"

domingo, 18 de novembro de 2018

"O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra"

Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención


Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega.

"Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega." 
Para continuar a ler tes aquí a ligazón á páxina da RAG con esta información.


martes, 5 de xuño de 2018

Para o meu alumnado, XERACIÓN 00, do IES de Vilalonga

XINCANA DE TÍTULOS LITERARIOS ( PEQUENO DISCURSO TRAMPULLEIRO cun mínimo de duascentas palabras escrito para o acto de graduación do alumnado de 2º de bacharelato do IES de Vilalonga)

A promoción 00, auténtica ciencia ficción, está a piques de despegar do IES de Vilalonga,

Ides comezar os vosos



Para rematar,  vou roubar uns versos que a poeta, Xela Arias, escribiu nun poemario que lle dedicou ó seu fillo cando  naceu para dedicárvolos adaptados:

Tódolos alumnos sodes vós e ningún coma vós.
Tódolas mozas sodes vosoutras e ningunha coma vosoutras.
Tódolos mozos sodes vosoutros e ningún coma vosoutros.
Tódolos profes e profas somos nós e todos, coma min, sabemos que cada un de vós sodes absolutamente únic@s.
E, sobre todo moi necesari@s para construírdes ese futuro de tod@s nós, que, de corazón, eu desexo se materialice  
.....................................................................

POSDATA.- Só engadir que estou encantada co vídeo dedicado á Maraleixa, a Viveiro e a Cunqueiro.

GRAZAS RAPAZADA!