Amosando publicacións coa etiqueta oralidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta oralidade. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de setembro de 2025

Preparación dun monólogo

Accede a infografía


Lembrade os requisitos para os monólogos:
  • Lingua: galego
  • Participación: parellas ou grupos de catro
  • Duración: máxima 5 minutos / mínima 3 minutos (parella) e 5 minutos (grupo)
  • Non poden conter ningún tipo de contido ofensivo ou discriminatorio




Chistes para nenos, máis chistes para nenos

Obras literarias que podemos empregar para construír os nosos monólogos:
  • "Cousas" de Castelao
  • "Made in Galiza" de Séchu Sende
  • "Instrucións para tomar café" de Manuel Núñez Singala
  • "Longa lingua" de varios autores
Outros monólogos e materiais: 

 Monólogos infantís, contos de medo, exemplos de monólogos, Carlos Blanco e a condución






domingo, 18 de novembro de 2018

"O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra"

Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención


Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega.

"Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega." 
Para continuar a ler tes aquí a ligazón á páxina da RAG con esta información.