Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta muller. Amosar todas as publicacións

martes, 6 de agosto de 2024

LETRAS GALEGAS 2025

A Real Academia Galega (RAG) personifica a homenaxe en Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños, que son Prudencia Garrido, Asunción Garrido e Manuela Lema.

“A lingua galega continuou viva e vizosa durante séculos, malia as prohibicións e a súa desaparición do espazo oficial, porque o pobo galego a custodiou. En particular, as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”, salienta a proposta aprobada.

Nela enlázase a celebración vindeira coa deste ano a través dun verso de Luísa Villalta que sintetiza ese herdo transmitido dunha xeración á outra:


“As coplas aprendidas na saia da avoa”.



As nosas avoas e tataravoas foron as que durante séculos conservaron a nosa literatura oral durante os Séculos Escuros, xa o Padre Sarmiento no século XVIII apuntaba a importancia das nosas mulleres como transmisoras da nosa literatura popular. Este ano farémoslles a todas a súa merecida homenaxe.

martes, 7 de novembro de 2023

IRMÁS NA FALA Capítulo 1: Galeguistas organizadas. Micaela Chao Maciñeira



'Irmás na Fala' é unha serie web de catro episodios sobre o papel das mulleres nas Irmandades Fala, o movemento fundado na Coruña no ano 1916 que abriu un novo tempo para a defensa da lingua galega e de Galicia como suxeito político.
A través de catro episodios que suman uns 90 minutos de cinema documental, 'Irmás na Fala' pretende contribuír ao coñecemento e recoñecemento das 'irmandiñas' que abriron camiños de futuro para todas, poñendo o foco nas historias de Micaela Chao Maciñeira, María Miramontes, Elvira Bao, Amparo López Jeán e Emilia Docet.
'Irmás na Fala' é unha serie producida pola Real Academia Galega co apoio do Concello da Coruña e realizada por Nós TV.

martes, 17 de outubro de 2023

XOGOS INTERACTIVOS sobre A MEMORIA DAS MULLERES


  • Coñeces a…’ Aventúrate neste xogo para coñecer as protagonistas da historia da nosa cidade! É hora de pórlles rostro e escoitar os nomes das mulleres pioneiras, traballadoras e loitadoras de Pontevedra.

  • Aloita’ Pacíficas, servís, domésticas e individualistas. Esa era a imaxe que o franquismo tentou difundir das mulleres rurais. Nada máis lonxe da realidade. Con este xogo descubrirás algunhas da loitas encabezadas por mulleres no concello de Pontevedra.

  • Mulleres con R’ Séculos de cultura patriarcal definiron o arquetipo feminino, caracterizado pola submisión, a docilidade, o silencio, a fidelidade e a pasividade. Con este xogo descubrirás mulleres de Pontevedra que desafiaron os canons e fixeron das súas vidas actos de Rebeldía, Resistencia ou Reivindicación.

  • As Corseteiras’ Cando se instaurou a II República? En que ano finalizou a Guerra Civil? Como se viviron estes acontecementos en Pontevedra? Preme en “comezar” para coñecer a resposta a todas estas preguntas, para afondar na vida das Corseteiras e para saber que relación hai entre estes temas.

        Máis recursos da MEMORIA DAS MULLERES

mércores, 12 de febreiro de 2020

"Cousiñas de muller"



Vídeo realizado para a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo  no Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia

Este vídeo denuncia o que Margaret W. Rossiter cualifica como “Efecto Matilda”: canto máis brillante é o traballo científico dunha muller, máis se agocha e despreza.

Rosa Motero publicou hai poucos días unha interesante columna no xornal, El país, explicando como Einstein obrigou a asinar un contrato humillante a súa primeira muller Mileva Maric para borrar as pegadas desta matemática e física serbia nos descubrimentos do Nobel.

luns, 11 de marzo de 2019

nAmorando

nAmorAndo from el espejo mágico producciones on Vimeo.

Este microdocumental compila unha serie de mitos e crenzas, en ocasións  erróneas, sobre o amor romántico e as relacións de parella en xeral. A importancia deste testemuño radica en que é o alumnado de 4º de ESO dos colexios públicos de Pontevedra no 2014 o que nos traslada as súas ideas sobre estes temas.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

"Contos de xénero"




Achegamos outro interesante recurso máis para traballar os estereotipos de xénero. As personaxes son: a muller (María), o home (Xosé) e a sociedade, os cales  representan unha pequena trama, onde aparecerán outros secundarios. 

Esta pequena historia sérvenos para repensar, unha vez máis, os roles que a sociedade escribe para os distintos xéneros, creando unhas ideas preconcebidas que se reproducen, unha e outra vez, nos distintos medios de comunicación.

Para afondar máis podemos ler este artigo: "O mito da beleza e a domesticación das nenas"

mércores, 3 de outubro de 2018

mércores, 2 de maio de 2018

mércores, 21 de marzo de 2018

Documentais sobre o narcotráfico en Galicia



Cales son as drogas adictivas máis perigosas?

Resultado de imagen de cartel de película heroínaA raíz do secuestro do libro Fariña e a estrea da serie inspirada nel, temo volverme a atopar entre o meu alumnado esa admiración cara ós narcos,  que fai que entre as súas aspiración futuras figure "narcotraficante e que non me collan"

De aí que esteamos traballando a cara b desta historia recente, a través de distintos documentanis e películas, como Heroína, inspirada na vida de Carmen Avendaño.

Reflexionaremos tamén sobre como tivo que ser unha muller e unha asociación, onde as  nais foron as que lle plantaron cara a un problema social que ninguén sabía como abordar naquel entón. Lembremos como noutras ocasións ó logo da historia, son sempre nais,  como as da Praza de Maio en Arxentina, as que son capaces de concienciar ó seu entorno social para xerar cambios que procuren sociedades máis xustas. 

venres, 12 de xaneiro de 2018

"Principiñas e princesiños"


Principiñas e Princesiños from el espejo mágico producciones on Vimeo.


O programa nAmorAndo financiado polo concello de Pontevedra traballou na identificación e expresión das emocións dos nenos e rapaces, na procura de tentar romper con estereotipos sexistas e reflexionar sobre os tópicos do amor romántico.


Se xa vimos o vídeo realizado cos testemuños dos rapaces de 4º de ESO, agora veremos "Principiñas e Princesiños",  que recompila as mensaxes do alumnado de 4º de Primaria dos colexios públicos de Pontevedra.


Trátase dun proxecto de  Jone Ojeda (joneojedapsicologa.es) O vídeo foi realizado por el espejo mágico producciones (espejomagicoproducciones.com). Imaxe, edición e realización: Juan Carlos Pérez Ilustracións: Tania Solla Animación: Jose Aragunde. 


Para seguir a afondar no estereotipo feminino é interesante tamén o seguinte artigo: "Non son bonita, son forte: o movemento contra os estereotipos das mulleres"

"Matriarcas" e "A dama e o cabaleiro"

Estes días estamos a traballar en 2º de ESO o tema da poesía e da muller desde múltiples perpectivas."MATRIARCAS", a letra  da canción  de Guadi Galego e a versión musicada do poema: "A DAMA E O CABALEIRO" de Álvaro Cunqueiro musicado polo cantautor Amancio Prada serven para achegarnos a esta temática.

luns, 4 de decembro de 2017